Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Toca o natural

"Toca o natural" é un proxecto artístico, divulgativo e inclusivo levado a cabo na Casa Museo María Pita . Esta exposición permitirá ao público conectar con materiais por medio do tacto, ampliando así a súa percepción de maneira natural. Tendo en conta a situación actual, empregaranse luvas cirúrxicas que se poñerán a disposición de todas as persoas asistentes para que poidan gozar deste sentido dunha exposición única e diferente.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 16/07/2021 ata o 15/08/2021

Inscricións:

Para as visitas guiadas é necesaria inscrición previa.

Horario:

  • De martes a sábado: 11.00-13.30 e 18.00-20.00 h
  • Domingos: 12.00 a 14.00 h

Prezo:

De balde

Páxina web:

https://poten100mos.org/

Organiza:

Plataforma DiversidArte da Asociación Poten100mos.

Contacto:

Asociación Poten100mos.

C/ Costa da Union-nº 9- 1º I

15005 - A Coruña

Tel: 625 12 62 35

Tel de inscrición visitas guiadas: 625 126 235

Mail: info@poten100mos.com

Levaranse a cabo visitas guiadas accesibles con servizo de lingua de signos e transporte adaptado.

Talleres semanais:

  • Taller de Arte, dirixido pola artista plástica Tatiana Medal, no que se realizou a obra táctil que se mostra na exposición.
  • Grupo de Comunicación, dirixido por Tamara Branco Insua -TAM TAM Xestión Creativa-, que se encargou de comunicar a través das redes sociais e prensa.
  • Grupo de Educación e Accesibilidade, que realizou un traballo divulgativo en prol da diversidade e encargouse de que todo o proxecto en si mesmo sexa accesible para todas as persoas.
  • Victor Emilio Briones, artista que se ocupou de realizar a imaxe representativa da exposición.

Visitas guiadas:

  • Martes 20 de Xullo de 11.00 a 12.00 horas (4 quendas para 4 grupos de 5 persoas cada un de Fundación Adcor)
  • Martes 20 de Xullo de 18.30 a 19.30 horas (4 quendas para 4 grupos de 5 persoas cada un de Aspronaga)
  • Mércores 21 Xullo de 11.00 a 12.00 horas (4 quendas para 4 grupos de 5 persoas cada un de Fundación Adcor)
  • Xoves 22 de Xullo. de 18.30 a 19:30 horas (4 quendas para 4 grupos de 5 persoas cada un de Aspronaga)
  • Venres 23 de Xullo de 19.00 a 19.30 horas (2 quendas para 2 grupos de 5 persoas cada un de Acopros con lingua de signos e a presentación do artista que realizou o cartel da exposición)
  • Xoves 29 de Xuño de 11.00 a 11.30 horas (2 quendas para 2 grupos de 5 persoas cada un de ONCE)
  • Xoves 29 de Xuño de 12.00 a 13.00 horas (2 quendas para 2 grupos de 5 persoas cada un de Liga Reumatolóxica Galega)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión