Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Visitas guiadas e actividades didácticas 2021-22

Visitas guiadas para persoas adultas ás exposicións en curso, obradoiros para escolares de todas as idades e un percorrido pola arquitectura da súa sede son os eixos da programación didáctica da Fundación Luís Seoane, que se desenvolverá entre os meses de novembro de 2021 e xuño de 2022.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

novembro 2021 -  xuño 2022

Prezo:

de balde.

Requisitos:

Para participar nestas actividades, xa é posible facer a a reserva correspondente a través do teléfono da Fundación.

Páxina web:

fundacionluisseoane.gal

Contacto:

Fundación Luís Seoane

R/ San Francisco, 27. 15001- A Coruña

tel.: 981 216 015

e-correo: info@fundacionluisseoane.gal

twitter.com/fundluisseoane

www.facebook.com/fundluisseoane

www.instagram.com/fundacionluisseoane

Unha serie de propostas didácticas a través de diversas actividades que implican observación, análise e creatividade.

Na obra de Luís Seoane irase descubrindo a imaxe de Galicia: as mulleres e os homes, o traballo no campo e na costa, os froitos da terra e do mar, a roupa, os aparellos, os costumes, as lendas... Tamén poderase ver como traballaba Seoane coas cores, o debuxo e as formas para representar unha realidade que ía alén do simple rexistro daquilo que percibimos coa mirada.

Safari fotográfico na Illa dos Monstros

Obradoiro para escolares de Educación Primaria e Secundaria. Número de participantes: 25. Duración da actividade: 90 min.

A técnica empregada por Seoane inspira esta actividade, expandíndoa ás tres dimensións, pero no canto de traballar con papeis recortados os participantes farano con bonecos para realizar collages tridimensionais de criaturas fantásticas, froito da recombinación de multitude de animais procedentes de especies e épocas moi diferentes. Así, os extintos dinosaurios mesturaranse con animais actuais, terrestres con mariños, insectos con mamíferos... As creacións serán inmortalizadas en fotografías, que os alumnos realizarán a xeito de safari fotográfico, mediante un divertido xogo no que terán que "capturar" as súas creacións no seu contexto natural: una gran maqueta, tendo un tempo limitado para situar a cámara, elixir o encadre e tomar a fotografía.

Visitas guiadas ás exposicións temporais

Destinadas a Ciclos Formativos e público adulto . Número de participantes: 30. Duración da visita: 60 min.

Cada exposición temporal disporá da súa propia visita comentada, na que o educador explicará os seus contidos e dotará de sentido e significado os conceptos e propostas desenvolvidas na mesma, adaptándose sempre ás características e intereses específicos de cada grupo. Todo isto cun marcado carácter lúdico e participativo.

Visitas arquitectónicas

Destinadas a Ciclos Formativos e público adulto. Número de participantes: 30. Duración da visita: 60 min.

Visitas guiadas ao edificio da Fundación Luís Seoane, deseñado polos arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco e inaugurado en 2004. Falarase sobre a adaptación do edificio preexistente, o Cuartel de Macanaz, a unha arquitectura de museo, sede da Fundación. Analizarase ademais as súas características formais e funcionais, facendo fincapé na valoración da súa versatilidade para adaptarse ás diversas actividades e propostas museísticas que se desenvolven no edificio.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión