Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña
Utilizamos cookies propias (sesión, personalización, preferencias) para mejorar la experiencia del usuario a través del sitio web y cookies de terceros generadas por servicios o proveedores externos a la webque recopilan datos estadísticos, de uso, gustos de los usuarios, etc Aceptando todas las cookies da su consentimiento expreso para que se registren y utilicen tanto las cookies propias como las de terceros. Rechazando las cookies acepta que se utilicen exclusivamente las cookies propias para mejorar la experiencia de usuario. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de Normas de uso
Axudas para os cursos para a obtención do CAP e para os permisos de condución das clases C e/ou D
A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes convoca axudas para realizar os cursos para a obtención do certificado de aptitude profesional acreditativo da cualificación inicial, ampliación ou promoción, e permisos de condución das clases C e/ou D, para o exercicio da actividade de condutor/a profesional.
A quién va dirigido:
Para público en general
Inscripciones:
Desde el 27/05/2026 hasta el 30/09/2026
ás 20:00 h.
Duración:
O período subvencionable comprende do 31 de outubro de 2025 ao 30 de setembro de 2026.
Requisitos:
Ter feitos os 18 anos.
Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia con anterioridade ao inicio do período subvencionable (31 de outubro de 2025) e continuar empadroadas ininterrompidamente ata a data da resolución.
Para a liña 1, ter realizado e superado o/s curso/os para a obtención do certificado de aptitude profesional durante o período subvencionable (do 31 de outubro de 2025 ao 30 de setembro de 2026).
Para a liña 2, ter obtido o/os permiso/s de condución das clases C, C+E, C1, C1+E, D, D+E, D1 e D1+E, durante o período subvencionable.
Ter pagado as facturas dentro do período subvencionable.
A tramitación das solicitudes efectuarase respectando a súa rigorosa orde de presentación, e ata o esgotamento do crédito dispoñible.
Remuneración / Coste:
Para a liña 1, o importe máximo que percibirá cada alumno será de 1.200 €, para a obtención do certificado de aptitude profesional (CAP) e de 300 € para obtención do CAP na modalidade de ampliación ou promoción.
Para a liña 2, a contía máxima para os custos de matrícula e clases de condución para a obtención do permiso de condución das clases C, C+E, C1, C1+E, D, D+E, D1 e D1+E, será de 1.200 € por permiso de condución. No suposto de obter varios permisos de condución, da mesma ou de distinta clase, o importe máximo subvencionable será de 2.400 €.
Estas contías non poderá superar, en ningún caso, a cantidade total aboada pola persoa beneficiaria para a realización do/dos curso/s ou para obter o/os permiso/s de condución correspondentes. No suposto de solicitar varias liñas, o importe máximo subvencionable será de 3.900 € por alumno/a.
Sede felectrónica (sede.xunta.gal) procedemento IF310G
2 liñas de axudas:
Liña 1: subvencionar os cursos realizados coa cualificación de apto para a obtención do certificado de aptitude profesional acreditativo da cualificación inicial e/ou de ampliación ou promoción dos condutores residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada.
Liña 2: subvencionar a obtención dos permisos de condución das clases C, C+E, C1, C1+E, D, D+E, D1 E D1+E.
O período subvencionable para ambas as liñas será do 31 de outubro de 2025 ao 30 de setembro de 2026. Tanto os cursos para a obtención do CAP como para a obtención dos permisos de conducir das clases C, C+E, C1, C1+E, D, D+E, D1 e D1+E deberán realizarse na Comunidade Autónoma de Galicia, a través das empresas autorizadas, como centros de formación CAP ou autoescolas.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge.
Instalar ahora un navegador compatible