Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas MAEC-AECID para residencias na Real Academia de España en Roma

A Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento convoca bolsas co fin de fomentar a creación e a investigación en determinadas disciplinas artísticas a desenvolver na Real Academia de España en Roma.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 03/06/2026

Duración:

de catro a nove meses, dentro do período 1 de outubro de 2026 ao 30 de xuño de 2027.

Requisitos:

  • Ter a nacionalidade dun dos seguintes países:
    • España.
    • Unión Europea (excepto España): Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos, Polonia, Portugal, República Checa, Romanía e Suecia.
    • Iberoamérica: Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, Ecuador, O Salvador, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Panamá, Paraguai, Perú, República Dominicana, Uruguai e Venezuela.
  • Posuír unha das seguintes categorías:
    • Artista ou persoa creadora de demostrable traxectoria en áreas afíns a algunha das especialidades mencionadas anteriormente.
    • Persoa investigadora en áreas afíns a algunha das especialidades mencionadas anteriormente.
  • Cumprir a maioría de idade.
  • Non ser persoa beneficiaria dunha bolsa da AECID para residencias na Real Academia de España en Roma, desde a convocatoria 2016-2017.

Remuneración / Dotación:

  • Aloxamento na Academia, sen manutención.
  • Dotación mensual: 1.400 euros.
  • Gastos de produción: a cantidade asignada a cada proxecto non poderá exceder de 20.000 €.
  • Exposicións: realización dun proxecto de coordinación artística e comisariado do programa de residencia do que son persoas beneficiarias directas, os artistas e investigadores bolseiros.

Páxina web:

www.aecid.es

Contacto:

AECID. Subdirección de Bolsas, Lectorados e Mobilidade Internacional

Avenida Reyes Católicos 4. 28040 Madrid

Tel. 900 20 30 54

E-mail: becasmae@aecid.es

Publicación: BOE 20/05/2026 (extracto)

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 906248

O obxecto da convocatoria é conceder bolsas para realizar un proxecto na Academia de acordo coas seguintes categorías excluíntes entre si:

  • Proxectos artísticos ou de creación.
  • Proxectos de investigación que teñan unha vinculación con Italia ou coa propia Academia.

Os proxectos presentaranse en disciplinas tales como:

  • Arquitectura (estudos e proxectos arquitectónicos, urbanismo, paisajismo, ecoloxía urbana...)
  • Artes escénicas e performativas (teatro, performance, danza...)
  • Artes plásticas e visuais (escultura, pintura, gravado, fotografía, instalacións, arte urbana...)
  • Audiovisuais (cinema, videocreación, tecnoloxías experimentais, videoxogos...)
  • Bens culturais (Archivística, biblioteconomía e documentación; conservación e restauración, ...)
  • Deseño e outras prácticas creativas (deseño de moda, deseño gráfico, deseño de produto...)
  • Estudos teóricos (estética, historia e crítica da arte, museología, comisariado, mediación artística e cultural, filosofía, antropoloxía, ciencias e humanidades...)
  • Literatura (poesía, novela, ensaio, teatro, novela gráfica, texto dramático...)
  • Música (creación musical, musicología, arte sonora e interpretación ...)
  • Outras prácticas ou estudos (gastronomía, cómic, outros...)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión