Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Prazas de aloxamento nas residencias da UDC, curso 2026/2027
A Universidade da Coruña (UDC) convoca prazas de aloxamento nas residencias públicas universitarias dos campus da Coruña e Ferrol para o curso académico 2026/27.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 23/06/2026
ata as 14:00 h.
Prezo:
Prezos por praza subvencionada pola UDC que aboará cada estudante:
Renda persoal dispoñible
Cuarto individual
Cuarto dobre compartido
Ata 3.000 €
109 €/mes
75 €/mes
De 3.001 a 6.000 €
124 €/mes
90 €/mes
De 6.001 a 9.000 €
139 €/mes
106 €/mes
Desde 9.001 €
155 €/mes
121 €/mes
Prezos por praza que aboará cada estudante con bolsa do Ministerio de Educación ou outras axudas similares:
Cuarto individual: 295 €/mes
Cuarto dobre: 270 €/mes
Requisitos:
Alumnado de grao e máster universitario oficial, que se matricule a tempo completo nun centro propio da UDC nos campus de A Coruña ou Ferrol para o curso 2026/27 (o alumnado deberá xustificar a súa matrícula antes da entrada na residencia e, en todo caso, antes do 11 de setembro de 2026).
Para a Residencia Pública Universitaria da Coruña, Elvira Bao: como regra xeral o domicilio familiar deberá estar fóra do municipio da Coruña ou da súa área metropolitana, que comprende os municipios da Laracha, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carballo, Carral, Cerceda, Culleredo, Curtis, Miño, Oleiros, Ordes, Oza-Cesuras e Sada.
Para a Residencia Pública Universitaria de Ferrol: como regra xeral o domicilio familiar deberá estar fóra do municipio de Ferrol ou da súa área metropolitana, que comprende os municipios de Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Pontedeume e Valdoviño.
Para a adxudicación das prazas requirirase que a persoa solicitante acredite que, por razón da distancia do domicilio familiar ao centro docente e os medios de comunicación existentes, ten que residir fora do domicilio familiar durante o curso.
As solicitudes valoraranse de acordo cos criterios académicos e económicos que se sinalan nas bases da convocatoria.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 23 de maio ao 23 de xuño de 2026 ás 14:00 h.
O alumnado que se matricule por primeira vez na UDC: cubrirá a solicitude de praza de forma telemática por medio do formulario disponible en https://www.udc.es/gl/sape/aloxamento. Cuberto o formulario, recibirá, no correo-e indicado no mesmo, instrucións para o envío da documentación.
PRAZAS OFERTADAS:
Residencia Pública Universitaria Elvira Bao, A Coruña: 100 prazas.
Destas prazas totais realizaranse as seguintes reservas:
RESERVA DE PRAZAS ALUMNADO
RESIDENCIA ELVIRA BAO
RESIDENCIA UNIV. FERROL
Alumnado 1º por 1ª vez
22
5
Alumnado con mobilidade reducida
2
1
Deportistas de alto nivel e alto rendemento
3
1
O período de duración das estadías será do 1 de setembro de 2026 ata o 30 de xuño de 2027. As entradas durante o mes de setembro posteriores á data indicada, ou saídas durante o mes xuño anteriores á data indicada non implicará modificación de prezo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible