Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Prazas de aloxamento no Servizo Universitario de Residencias da USC, 2026-2027

A Universidade de Santiago de Compostela abre o prazo de solicitude para a convocatoria de prazas de aloxamento do Servizo Universitario de Residencias (SUR) para o curso 2026-2027.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 22/06/2026

ata as 14:00 h.

Prezo:

Cotas e prezos:

Renda persoal dispoñible

Cota

Cuarto individual

Cuarto dobre compartido

Ata  2.500 €

A

109 €/mes

75 €/mes

de 2.500,01 € a 3.800 €

B

124 €/mes

90 €/mes

3.800,01 € a 5.050 €

C

139 €/mes

106 €/mes

de 5.050,01 € a 6.500 €

D

155 €/mes

121 €/mes

de 6.500,01 € a 8.999,99 €

E

*Cota (F) do estudantado bolseiro do Ministerio de Educación e Formación Profesional e Deporte (MEFPD) co compoñente de residencia

  • Cuarto individual: 292 €/mes
  • Cuarto dobre: 251 €/mes

Estas axudas son incompatibles con outras coa mesma finalidade. As persoas que teñan concedido o compoñente de residencia da bolsa xeral do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deporte (MEFPD), deberán aboar a cota F. Se desexan manter a cota subvencionada pola USC, deberán renunciar ao compoñente de residencia da bolsa do MEFPD.

Páxina web:

https://sede.usc.es

Contacto:

Universidade de Santiago de Compostela

Servizo Universitario de Residencias (SUR)

Pavillón de Estudantes, 1º andar - Campus Vida (15782 - Santiago de Compostela)

Tel.: 881 814 525 / 881 814 560 / 881 815 246

correo-e: sur@usc.es

www.usc.gal/es/servicios/area/residencias/acceso-servicio-universitario-residencias

Documentos:

convocatoria 2026-2027 .pdf (258 KB)

Nº PRAZAS, repartidas por sectores e grupos:

Sectores

Total Prazas (grupos I e II)

Estudantes de Grao

856

Estudantes de Máster Universitario Oficial

30

Estudantes de Programas de Doutoramento e Investigadores en Formación

21

Estudantes de cursos de Posgrao Propio

5

Membros da comunidade universitaria con necesidades educativas específicas derivadas dunha condición de discapacidade

48

TOTAL

960

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: ata o 26 de xuño de 2025 ás 14.00 h. a través do formulario web dipoñible en www.usc.gal/gl/servizos/area/residencias/acceso-servizo-universitario-residencias/convocatoria-ordinaria-prazas-aloxamento

  • Presentarase unha única solicitude por persoa (agás no caso de solicitar praza praza en varios sectores ou nos dous campus: un formulario para Santiago e un formulario para Lugo)
  • O estudantado de nova admisión poderán solicitar a praza para o grupo I e o grupo II marcando as 2 opcións no mesmo impreso.
  • As solicitantes de readmisión sen cambios nos membros da unidade familiar non teñen que achegar documentación. O resto dos/as solicitantes deberán achegar, ademais do formulario de solicitude asinado por todos os membros da unidade familiar, a documentación que corresponda segundo o indicado no punto 6 das Bases da convocatoria.

Para a asignación das prazas terase en conta a puntuación académica e económica dos/as solicitantes segundo o baremo establecido nas citadas bases.

CALENDARIO:

  • Publicación das listas provisionais22 xullo
  • Prazo de enmenda das solicitudes: ata o 27 de xullo
  • Publicación das listas definitivas: 30 de xullo
  • Confirmación de permanencia na lista de agarda: ata o 3 de agosto ás 14.00 h.
  • Reserva de praza adxudicada (pagamento da fianza): do 30 de xullo ao 3 de agosto ás 14.00 h.
  • Movementos da lista de agarda:
    • 1º movemento: 5 de agosto
    • 2º movemento: 10 de agosto
    • 3º movemento: 12 de agosto
    • 4º movemento: 17 de agosto
    • 5º movemento: 19 de agosto

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión