Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Préstamo material informático para o curso 2021-22

A Universidade da Coruña (UDC) pon en marcha o préstamo de material informático destinado ao alumnado matriculado no curso 2021/22 que se atope en situación de dificultade, co fin de garantir que aqueles/as alumnos/as que carezan dos medios precisos poidan continuar coa súa formación universitaria.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 06/10/2021 ata o 27/01/2022

Requisitos:

  • Estar matriculado/a nunha titulación oficial de grao/máster/programa de doutoramento nun centro propio da UDC durante o curso académico 2021/22, e ao corrente do pagamento dos prezos públicos correspondentes. Cómpre manter a matrícula todo o curso.
  • Non dispoñer de equipamento informático ou non dispoñer dunha conexión axeitada a Internet.
  • Aceptar, mediante declaración de responsabilidade, as condicións da cesión temporal e o uso, así como a penalización polo seu incumprimento.
  • Non poderá ser beneficiario o alumnado que estea a participar nun programa de mobilidade nacional/internacional no curso 2021/22.
  • O préstamo é incompatible coa percepción de calquera axuda de carácter público ou privado para a mesma finalidade.

Páxina web:

https://www.udc.es/

Contacto:

Universidade da Coruña (UDC)

Rúa da Maestranza nº9

15001- A Coruña

Tel: 981 167 000

Mail: rpd@udc.gal 

        dpd@udc.gal

Material en préstamo:

  • 42 ordenadores portátiles (Intel Celeron de 4 GB de RAM; 64 GB HDD; 14,1")
  • 110 cámaras wifi para utilizar como cámara web.
  • 90 tarxetas SIM de datos de Orange (90 GB/mes) de cesión libre, que se activarán para un período de tres meses, con posibilidade de ampliar o contrato por conta propia. O alumnado deberá posuír un dispositivo axeitado para o uso da tarxeta SIM.

Bases da convocatoria de préstamo material informático.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión