Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible activou descontos de ata o 90% para facilitarlle aos mozos de entre 18 e 30 anos viaxar en transporte público este verán, tanto por España como por Europa.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
Dende o 01/07/2024 ata o 30/09/2024
Requisitos:
Mozos de entre 18 e 30 anos (nados entre o 1 de xaneiro de 1994 e o 31 de decembro de 2006, ambos inclusive).
Ter nacionalidade española ou estranxeira con residencia legal en España.
Rexistrarse na web https://veranojoven.transportes.gob.es polo menos con 24 horas de antelación á realización da primeira compra (tras o rexistro obterase un código que se debe proporcionar á empresa operadora á hora de adquirir o billete para o desconto)
Os descontos, que se aplicarán nos billetes sinxelos e de ida e volta dos trens e dos autobuses de titularidade estatal e dos pases Interrail que teñan data para viaxar entre o 1 de xullo e o 30 de setembro de 2024, serán os seguintes:
Servizos ferroviarios de media distancia convencional e ancho métrico: rebaixa do 90% do prezo dos billetes sinxelos e de ida e volta.
Servizos comerciais ou alta velocidade de todos os operadores ferroviarios: rebaixa do 50% do prezo do billete, cun máximo de 30 euros por billete.
Avant: desconto do 50% nos billetes sinxelos e de ida e volta.
Desconto do 50% do Global Flexible de Interrail de 10 días en 2 meses, cando se comercialice a través de Renfe.
Servizos de autobús regular de competencia estatal: desconto do 90% do prezo do billete sinxelo e o de ida e volta.
Consultas relacionadas coa compra de billetes: consultar nas páxinas web e canles habituais dos operadores de transporte (para viaxes en tren: Renfe, Ouigo e Iryo)
Outras consultas: a través do formulario de contacto do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible