Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Certame Letras Galegas do Concello de Abegondo

O Concello de Abegondo convoca o Certame Letras Galegas 2026 co obxectivo de potenciar o uso da lingua galega, promover a literatura galega ao tempo que homenaxear a figura de Begoña Caamaño, a quen se lle dedica no ano 2026 o Día das Letras Galegas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 15/06/2026

Requisitos:

  • Establécense as seguintes categorías de participación: ​
    • - Infantil: alumnado que curse estudos de infantil, na modalidade de Debuxo e Pintura
    • - Primaria: alumnado que curse estudos de primaria, nas modalidades de Poesía e Narrativa
    • - Secundaria e menores de 18: alumnado que curse estudos de secundaria e participantes menores de 18 anos, nas modalidades de Poesía e Narrativa
    • - Adultos: 18 anos ou máis, nas modalidades de Poesía e Narrativa.
    • - Audiovisual: persoas de todas as idades, na modalidade Audiovisual
  • Os traballos deberán ser orixinais e inéditos.
  • A lingua utilizada nas narracións e poesías deberá ser o galego. Nos debuxos e pinturas, no caso de levar algún texto, este deberá estar redactado en lingua galega.
  • Os traballos poden presentarse manuscritos, mecanografados ou formato dixital. Na categoría secundaria e menores de 18 anos, os traballos poderán ser en formato escrito e en formato audio. Na categoría audiovisual os traballos deben presentarse en formato dixital.
  • Valorarase que os traballos fagan referencia a Begoña Caamaño e/ou á obra desta autora, figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026.

Remuneración / Dotación:

  • Infantil:
    • 1.º premio: 100 €
    • 2.º premio: 80 €
    • 3.º premio: 60 €
  • Primaria, Secundaria e menores de 18 anos:
    • 1.º premio de Poesía e de Narrativa: 100 €
    • 2.º Premio de Poesía e de Narrativa: 80 €
  • Adultos:
    • 1.º premio de Poesía e de Narrativa: 180 €.
  • Audiovisual: 
    • 1.º premio: 100 €

Páxina web:

https://abegondo.gal

Contacto:

Concello de Abegondo

San Marcos, 1 (15318 - Abegondo)

Tel.: 981 647 909

correo-e: cultura@abegondo.gal

Publicación: BOP 18/05/2026

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión