Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O Galician Freaky Film Festival, o festival internacional de cinema freak e fantástico de Vigo, convoca o concurso de banda deseñada “Vingadores Mutantes” conforme á temática desta edición do festival, as mutacións.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 29/06/2026
Requisitos:
Poderán participar no concurso todas as persoas que o desexen, admitiranse un máximo de dous traballos por autor/a e deberán ser orixinais e inéditos. Os e as autores/as poderanse presentar individualmente ou de forma conxunta, neste caso deberán indicar a porcentaxe de participación de cada un.
As historias das obras a presentar terán lugar en Vigo, empregando algún elemento que sitúe a cidade.
A historia ten que contar polo menos cun personaxe que sexa un vingador ou vingadora mutante.
As obras constarán de 3 a 4 páxinas de extensión, en formato dixital, en tamaño DIN A-4, ou medida proporcional, e estarán en formato vertical. Non se admiten portadas.
As historias teñen que ser autoconclusivas.
Os traballos poderán presentarse en cor ou en branco e negro, con texto tanto en galego como en castelán e non poderán levar o nome da autora ou autor de maneira visible.
Remuneración / Custo:
Obra gañadora: 300 € + 5 exemplares do volume editado pola organización.
2 Premios Finalistas: 150 € + 5 exemplares do volume editado pola organización para cada un.
2 Premios Accésit: 1 pack agasallo + 3 exemplares do volume editado pola organización para cada un.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible