Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Concurso de Banda Deseñada GFFF

O Galician Freaky Film Festival, o festival internacional de cinema freak e fantástico de Vigo, convoca o concurso de banda deseñada “Vingadores Mutantes” conforme á temática desta edición do festival, as mutacións.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 29/06/2026

Requisitos:

  • Poderán participar no concurso todas as persoas que o desexen, admitiranse un máximo de dous traballos por autor/a e deberán ser orixinais e inéditos. Os e as autores/as poderanse presentar individualmente ou de forma conxunta, neste caso deberán indicar a porcentaxe de participación de cada un.
  • As historias das obras a presentar terán lugar en Vigo, empregando algún elemento que sitúe a cidade.
  • A historia ten que contar polo menos cun personaxe que sexa un vingador ou vingadora mutante.
  • As obras constarán de 3 a 4 páxinas de extensión, en formato dixital, en tamaño DIN A-4, ou medida proporcional, e estarán en formato vertical. Non se admiten portadas.
  • As historias teñen que ser autoconclusivas.
  • Os traballos poderán presentarse en cor ou en branco e negro, con texto tanto en galego como en castelán e non poderán levar o nome da autora ou autor de maneira visible.

Remuneración / Custo:

  • Obra gañadora: 300 € + 5 exemplares do volume editado pola organización.
  • 2 Premios Finalistas: 150 € + 5 exemplares do volume editado pola organización para cada un.
  • 2 Premios Accésit: 1 pack agasallo + 3 exemplares do volume editado pola organización para cada un.

Páxina web:

https://galicianfreakyfestival.com

Contacto:

GFFF Festival Internacional de Cinema Freak e Fantástico de Vigo

correo-e: info@galicianfreakyfestival.com

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión