Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Probas de selección para gardas rurais e as súas especialidades

O Ministerio do Interior aproba, para o ano 2021, o calendario e as bases das convocatorias das probas de selección para gardas rurais e as súas especialidades.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

2 prazos: 1-15 de marzo e 1-15 de setembro de 2021.

Prezo:

As contías da taxa pola participación nos exames e probas previas á habilitación de gardas rurais e as súas especialidades e por compulsa de documentos serán as que se estipulen nos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2021.

Requisitos:

  • Ser maior de idade.
  • Ter a nacionalidade dalgún dos estados membros da Unión Europea ou dun Estado parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, ou ben que lle sexa aplicable o disposto na lexislación sobre réxime comunitario conforme ao Real Decreto 240/2007, de 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns dos Estados membros da Unión Europea e doutros Estados parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, ou ser nacional dun terceiro Estado que teña subscrito con España un convenio internacional no que cada parte recoñeza o acceso ao exercicio destas actividades aos nacionais da outra.
  • Estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, de Técnico, ou outros equivalentes a efectos profesionais ou superiores.
  • Posuír a aptitude psicofísica necesaria para o exercicio das funcións de garda rural.
  • Carecer de antecedentes penais por delitos dolosos.
  • Non ser condenado por intromisión ilexítima no ámbito de protección do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, ou vulneración do segredo das comunicacións ou doutros dereitos fundamentais nos cinco anos anteriores.
  • Non ser sancionado nos dous ou catro anos anteriores por infracción grave ou moi grave, respectivamente, en materia de seguridade privada.
  • Non ser separado do servizo nas Forzas e Corpos de Seguridade ou nas Forzas Armadas españolas ou do país da súa nacionalidade ou procedencia nos dous anos anteriores.
  • Posuír o diploma ou certificación acreditativa de superar o curso ou cursos específicos nos centros de formación para gardas rurais e as súas especialidades.

Páxina web:

www.guardiacivil.es

Contacto:

Servizo de Protección e Seguridade da Dirección Xeral da Garda Civil

rúa Batalla del Salado, 32. 28045 Madrid

E-correo: dg-seprose-segprivada@guardiacivil.org

Publicación: BOE 16/11/2020

Prazos para a presentación de solicitudes e períodos de realización das probas:

ConvocatoriasPrazo de presentaciónData das probas
1/2021 1 ao 15 de marzo 2ª quincena de xuño
2/2021 1ao 15 de setembro 2ª quincena de novembro

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión