Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Probas libres de títulos FP extinguidos LOXSE. Convocatoria 2021-2022

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca probas libres para a obtención doe títulos de formación profesional LOXSE extinguidos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

  • Para a 1ª convocatoria, no mes setembro: do 15 ao 30 de xullo de 2021.
  • Para a 2ª convocatoria, no mes de xuño: do 3 ao 13 de maio de 2022.

Requisitos:

  • Cumprir os requisitos académicos de acceso aos ciclos formativos correspondentes, establecidos na LOE.
  • Ter formalizado en cursos académicos anteriores a matrícula nalgún centro educativo de Galicia nun ciclo formativo actualmente extinguido, obxecto da presente convocatoria.
  • Non estar matriculado no curso académico de realización no título equivalente establecido segundo a LOE.
  • Durante o período de vixencia da matrícula, non se poderá estar matriculado simultaneamente nun mesmo módulo profesional nas modalidades a distancia, semipresencial ou presencial, así como nas probas para a obtención deste.

Páxina web:

www.edu.xunta.gal/fp/titulos-extinguidos-loxse

Contacto:

Consellería de Cultura, Educación e Universiade. Departamento territorial da Coruña

Rúa Vicente Ferrer. Edificio administrativo de Monelos, 7º andar. 15008 - A Coruña

Tel.: 981 184 701

PUBLICACIÓNResolución do 29 de marzo de 2021

Estas probas van dirixidas ás persoas que cursaron títulos de formación profesional (LOXSE) en Galicia, e que neste momento deixaron de impartirse pola implantación dos novos títulos LOE, co obxecto de posibilitar que estas persoas poidan acabar os seus estudos e obter a titulación.

Disporase de dúas convocatorias:              

  • A primeira realizarase no mes de setembro de 2021, antes do comezo das actividades lectivas.
  • A segunda realizarase no mes de xuño de 2022, coincidindo co remate das actividades lectivas.

Poderán ser obxecto de avaliación todos os módulos profesionais dos ciclos formativos extinguidos agás o de Formación en centros de traballo (FCT). Rematadas as dúas convocatorias, a persoa que aínda teña módulos pendentes e desexe finalizar os seus estudos poderá matricularse nas ensinanzas do título equivalente.

PRAZOS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

  • Para a 1ª convocatoria, no mes setembro: do 15 ao 30 de xullo de 2021.
  • Para a 2ª convocatoria, no mes de xuño: do 3 ao 13 de maio de 2022.

LUGARES DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:

Nas secretarías dos centros públicos que ofreceran as correspondentes ensinanzas no momento da súa extinción.

RELACIÓN DE CICLOS FORMATIVOS E CENTROS PÚBLICOS. CURSO ACADÉMICO 2021/2022

Ciclo extinguido LOXSE

Provincia

Concello

Centro

CM Condución de actividades físico-deportivas no medio natura

A Coruña

Arteixo

IES Sabón

Porto do Son

IES de Porto do Son

Pontevedra

Gondomoar

IES Terra de Turonio

Poio

IES de Poio

Silleda

IES Pintor Colmeiro

CS Saúde ambiental

A Coruña

A Coruña

CIFP Ánxel Casal-Monte Alto

Santiago de Compostela

IES Lamas de Abade

Lugo

Burela

IES Monte Castelo

Ourense

Ourense

CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel

Ponteveda

Vigo

IES Ricardo Mella

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión