Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Técnico Superior en Secretariado (LOXSE)

Nivel de estudos
Formación Profesional. Ciclo Superior (GRAO SUPERIOR)
Duración
1300 horas
Información xeral
Familia profesional: Administración e xestión
Requisitos
  • Título de Bacharel da LOE.
  • Título de Bacharel da LOXSE.
  • curso do bacharelato experimental.
  • Curso de Orientación Universitaria (COU) ou Preuniversitario (PREU).
  • Título de técnico especialista (FP2), técnico superior ou equivalente para efectos académicos.
  • Título universitario ou equivalente para efectos académicos.
  • Ter superada a correspondente proba de acceso aos ciclos superiores.
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos (participará no proceso selectivo coa cualificación de 5 puntos para os efectos de baremación).
Perfil profesional
Ámbito: Organizar, xestionar, elaborar e transmitir a información procedente dos órganos executivos, profesionais e de xestión, ou con destino a eles, en lingua propia e/ou estranxeira, así como representar a empresa e fomentar a cooperación e calidade das relacións internas e externas, segundo os obxectivos marcados e as normas internas establecidas.

Sectores: En calquera departamento dunha empresa ou organismo público ou privado, na área de servizos, especialmente en oficinas e despachos profesionais, na Administración Pública, xa sexa central, autonómica ou local.

Profesións para as que capacita: Técnico cualificado que actúa como asistente dos órganos de xestión e administración e cun certo poder de decisión. As funcións de secretariado varían segundo o centro de traballo e o nivel do órgano de xestión ao que este profesional estea adscrito e os seus coñecementos profesionais requirirán unha certa formación específica derivada da natureza das actividades produtivas ou de servizos nas que teña que operar: área científica, área económico-comercial, área de produción industrial...

Plano de estudos


HORAS TOTAIS 

 DENOMINACIÓN DOS MÓDULOS

1º, 2º e 3º trimestre

80

Comunicación e relacións profesionais

80

Organización do servizo e traballos de secretariado

110

Xestión de datos

185

Elaboración e presentación de documentos e información

55

Elementos de dereito

130

Lingua estranxeira (Inglés)

130

Segunda lingua estranxeira

55

Formación e orientación laboral

80

Proxecto integrado

4º trimestre

340

Formación en centros de traballo

Observacións
Acceso a outros estudos: Estudos universitarios de grao
Máis información

Portal educativo: www.edu.xunta.es/fp

Centros onde se imparte:

A Coruña

  • Coruña, A: IES Fernando Wirtz Suárez (Tel. 981230643)
  • Coruña, A: CPR Novacaixagalicia (Tel. 981236552)
  • Ferrol: CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Tel. 981321565)
  • Santiago de Compostela: IES As Fontiñas (Tel. 981573440)

Lugo

  • Lugo:  IES Muralla Romana (Tel. 982212010)

Ourense

  • Ourense: IES Portovello (Tel. 988232649)

Pontevedra

  • Pontevedra: IES Luís Seoane (Tel. 986857860)
  • Vigo: IES Ricardo Mella (Tel. 986253711)
  • Vigo: CPR Aloya (Tel. 986420722)
  • Vigo: CPR CEBEM (Tel. 986419899)
  • Vilagarcía de Arousa: IES Armando Cotarelo Valledor (Tel. 986512311)
Normativa Legal
  • ENSINANZAS MÍNIMAS: R. D. 1658/1994, de 22 de xullo (BOE 30-09-94 )
  • CURRÍCULO: R. D. 1673/1994, de 22 de xullo (BOE 06-10-94). D. 303/1999, de 28 de outubro, (DOG 25-11-99 )

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión