Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

►Ensinos de música

GRAO ELEMENTAL organízase en 4 cursos.

Para acceder ao grao elemental, a idade mínima será de 8 anos e a máxima de 14, debendo superar unha proba específica.

Ao finalizar este grao obtense un Certificado de Estudos Elementais.

GRAO PROFESIONAL organízase por especialidades, en 6 cursos.

O currículo dos ensinos profesionais de música referirase a cada unha das seguintes especialidades: acordeón, arpa, baixo eléctrico, canto, clarinete, clavecín, contrabaixo, fagot, frauta travesera, frauta de pico, gaita, guitarra, guitarra eléctrica, instrumentas de corda pulsada do Renacemento e do Barroco, instrumentos de púa, oboe, órgano, persusión, piano, saxofón, trombón, trompa, trompeta, tuba, viola, viola dá gamba, violín, violoncelo.

Para acceder ao 1º curso do grao profesional haberá que superar unha proba específica.Tamén se poderá acceder a calquera outro curso do grao profesional, sen cursar os anteriores, a través de probas nas que se demostre posuír os coñecementos necesarios para cursalo con aproveitamento.

A persoa que superase os ensinos profesionais de Música obterá o Título de Técnico dos Ensinos Profesionais de Música, no que constará a especialidade cursada.

A persoa que se atope en posesión dun título de Técnico dos Ensinos Profesionais de Música poderá obter o título de Bacharel cursando e superando as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de Bacharelato que elixa.

Tanto o grao elemental como o profesional pódense cursar no Conservatorio profesional de música e tamén nos CEMUs (Centros autorizados de música).

ESTUDOS SUPERIORES DE MÚSICA

Os ensinos artísticos superiores estrutúranse academicamente en tres niveles:

  • Título Superior
  • Máster
  • Doutoramento

Título Superior:

Os ensinos artísticos superiores de Música terán como obxectivo xeral a formación cualificada de profesionais que dominen os coñecementos propios da música e adopten as actitudes necesarias que lles fagan competentes para integrarse nos distintos ámbitos profesionais desta disciplina.

Duración: 4 cursos académicos de 60 créditos cada un cun total de 240 créditos ECTS.

Osc réditos ECTS incorpóranse como unidade de medida que reflicten os resultados da aprendizaxe e o volume de traballo realizado polo estudante.

Titulación: Título superior de Música seguido da especialidade correspondente.

Na Coruña pódense cursar no Conservatorio Superior de Música.

Para acceder aos estudos superiores será preciso:

  • Estar en posesión do título de Bacharel ou superar a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • As persoas maiores de 16 anos que non cumpran os requisitos académicos poderán acceder mediante a superación da 'Proba substitutiva do título de Bacharelato para acceder aos Ensinos Arstísticas Superiores'
  • En ambos os casos será necesario superar unha proba específica de acceso. A posesión do título profesional será tida en conta na cualificación final da proba.

Ao terminar os estudos superiores de música obterase o título Superior de Música seguido da especialidade correspondente.

►Ensinos de danza

GRAO ELEMENTAL

A finalidade do grao elemental dos ensinos de réxime especial de danza é promover a autonomía do alumnado para que a súa capacidade de expresión dancística adquira a calidade artística necesaria que permita acceder ao grao profesional.

O ensino de danza no grao elemental organízase en 4 cursos coas materias seguintes:

  • Danza clásica.
  • Danza de carácter.
  • Danza galega.
  • Introdución á danza contemporánea.
  • Introdución á danza española e ao baile flamenco.
  • Música.

Ao finalizar este grao obtense un Certificado de Estudos Elementais.

GRAO PROFESIONAL

Os ensinos profesionais de Danza son estudos especializados dirixidos a alumnos e alumnas cuxa meta é o exercicio profesional e, por tanto, posúen as aptitudes e a vontade necesarias para dedicarse a eles.

Duración: se organizan nun grao de 6 cursos académicos. O currículo dos ensinos profesionais de danza referirase a cada unha das seguintes especialidades:

  • Danza clásica.
  • Danza contemporánea.
  • Danza española.

Titulación: as persoas que superasen os ensinos profesionais de Danza obterán o Título de Técnico dos Ensinos Profesionais de Danza, no que constará a especialidade cursada.

A persoa que se atope en posesión dun título de Técnico dos Ensinos Profesionais de Danza poderá obter o título de Bacharel cursando e superando as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de Bacharelato que elixa.

Acceso: tanto ao grao elemental como ao profesional, é necesario superar unha proba específica. Tamén pode accederse a calquera outro curso de ambos os graos, superando unha proba na que se demostre os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento o curso do que se trate.

Os ENSINOS ARTÍSTICOS SUPERIORES DE DANZA

Os ensinos artísticos superiores de Danza terán, como obxectivo xeneral, a formación cualificada de profesionais que, partindo dunha formación práctica previa como base fundamental, posúen unha completa formación práctica, teórica e metodolóxica, que lles capacita para integrarse nos distintos ámbitos profesionais desta disciplina.

Duración: 4 cursos académicos de 60 créditos cada un cun total de 240 créditos ECTS. Con 2 especialidades:

  • Coreografía e interpretación
  • Pedagoxía da danza

Titulación: Título superior de Danza seguido da especialidade correspondente.

Para acceder aos estudos superiores será preciso:

  • Estar en posesión do título de Bacharel ou superar a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • As persoas maiores de 16 anos que non cumpran os requisitos académicos poderán acceder mediante a superación da 'Proba substitutiva do título de Bacharelato para acceder aos Ensinos Arstísticas Superiores'
  • En ambos os casos será necesario superar unha proba específica de acceso. A posesión do título profesional será tida en conta na cualificación final da proba.

Grao medio:

  • Para acceder ao grao medio será necesario o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e superar unha proba (proba específica).
    • Se non se dispón do título da ESO, pero tense 18 anos, tamén se pode acceder superando unha proba de madurez, ademais da específica.
  • Quen supere os ensinos de grao medio recibirán o título de Técnico en artes plasticas e deseño na modalidade ou especialidade correspondente.

Grao superior:

  • Para acceder ao grao superior será necesario o título de Bacharel e superar unha proba (proba específica).
    • Tamén existe unha proba de acceso para quen non teñan o título de Bacharel, pero deben ter 19 anos de idade (proba de mardurez + proba específica)
  • Quen supere os ensinos de grao superior recibirán o título de Técnico Superior en artes plásticas e deseño na modalidade ou especialidade correspondente.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión