As prácticas académicas externas constitúen unha actividade de natureza formativa realizada polos estudantes universitarios e supervisada polas Universidades, cuxo obxectivo é permitir aos mesmos aplicar e complementar os coñecementos adquiridos na súa formación académica.
Poderán realizarse na propia universidade ou en entidades colaboradoras, tales como, empresas, institucións e entidades públicas e privadas no ámbito nacional e internacional.
Tipos:
Destinatarios:
Dereitos:
¿Onde solicitalas?
As prácticas non laborais son aquelas que se realizan en empresas ou grupos empresariais que formalicen convenios cos Servizos Públicos de Emprego, dirixidas a persoas novas que, debido á súa falta de experiencia laboral, teñan problemas de empleabilidad.
Destinatarios:
Contido:
Normativa:
- Real Decreto 1543/2011, de 31 de outubro, polo que se regulan as prácticas non laborais en empresas
- Última convocatoria da Consellería de Traballo
Ten como finalidade facilitar a obtención da práctica profesional adecuada ao nivel de estudos cursados polos traballadores con título universitario ou de formación profesional de grao medio ou superior ou títulos recoñecidos oficialmente como equivalentes ou de certificado de profesionalidade que habiliten para o exercicio profesional.
Requisitos dos traballadores:
Retribución dos traballadores:
Será a fixada en convenio colectivo para os traballadores en prácticas, sen que, na súa falta, poida ser inferior ao 60 ou o 75 por 100 durante o primeiro ou o segundo ano de vixencia do contrato, respectivamente, do salario fixado en convenio para un traballador que desempeñe o mesmo ou equivalente posto de traballo.
As citadas contías non poderán ser en ningún caso inferiores ao salario mínimo interprofesional. No caso dos contratos a tempo parcial o salario mínimo indicado reducirase en proporción ao tempo efectivamente traballado.
Certificación das prácticas:
Á terminación do contrato o empresario deberá entregar ao traballador un certificado no que conste a duración das prácticas, o posto ou postos de traballo desempeñados e as principais tarefas realizadas en cada un deles.
Duración:
A duración do contrato non poderá ser inferior a seis meses nin exceder de dous anos
17 de abril
AMPLIADO PRAZO ATA O 19 DE ABRIL DE 2021, ATA As 14:00 H.
Dende o 31/03/2021 ata o 30/04/2021
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible