Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Acreditación experiencia profesional

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou o novo procedemento de acreditación da experiencia profesional, isto é, o proceso mediante o cal se outorga unha acreditación oficial á persoa candidata, previa avaliación das competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral e vías non formais de formación.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

prazo aberto permanentemente.

Prezo:

Taxas

Taxa de asesoramento: As persoas admitidas para a realización da fase de asesoramento deberán aboar unha única taxa polo valor vixente no momento do pago. 

Taxa de avaliación: Para a realización da fase de avaliación deberase aboar unha taxa por cada unha das unidades de competencia das que se vaia avaliar.

Importe taxas: o valor vixente poderase consultar no apartado de novas do sistema de información de Acreditación.

Pagamento da taxas: deberase realizar de forma telemática ou a través do impreso de autoliquidación en calquera das entidades financeiras colaboradoras na recadación das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia, consignando os seguintes datos:

  • Consellería de Cultura, Educación e Universidade: código 07.
  • Delegación de servizos centrais: código 13.
  • Servizo de secretaría xeral: código 01.
  • Taxa denominación:
    • Fase de asesoramento: asesoramento da persoa candidata para participar no procedemento para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación: código 304201.
    • Fase avaliación: avaliación da unidade de competencia (por cada unidade de competencia para a cal se solicite a avaliación): código 304202.

Requisitos:

1. Posuír a nacionalidade española; atoparse incluído como persoa residente comunitaria ou familiar deste, no ámbito da aplicación do Real decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de persoas cidadás da UE; ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.

2. Ter 18 anos, para as unidades de competencia de nivel 1, e 20 anos para as de nivel 2 e 3.

3. Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias acreditables.

  • Experiencia laboral:
    • Unidades Competencia de nivel 2 e 3. Xustificaranse polo menos tres anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total, nos últimos 15 anos.
    • Unidades Competencia de nivel 1. Xustificaranse polo menos dous anos, cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total, nos últimos 15 anos.
  • Formación non formal:
    • Unidades Competencia de nivel 2 e 3. Xustificaranse polo menos 300 horas, nos últimos 10 anos.
    • Unidades Competencia de nivel 1. Xustificaranse polo menos 200 horas nos últimos 10 anos.

4. As persoas candidatas non poderán estar matriculadas nun ciclo de formación profesional ou realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia nas cales solicita a súa inscrición. Tampouco poderán posuír ou estar en condicións de obter un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/s unidade/s de competencia que solicita, nin as súas equivalentes ou a acreditación parcial das unidades de competencia que solicita. Ademais, non poderán estar inscritas noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional, ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, levado a cabo por calquera Administración ou organismo público, conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia que solicita.

Páxina web:

https://www.edu.xunta.gal/fp/acredita

Contacto:

Para calquera dúbida, aclaración ou consulta sobre o procedemento cumprirá contactar co Departamento de Información e orientación profesional dos centros integrados de formación profesional ou co Departamento de Orientación dos institutos de educación secundaria de titularidade pública dependentes da administración educativa.

Buscador de centros

Xerar e presentar a solicitude: https://www.edu.xunta.gal/fp/acredita/

Fases do procedemento:

1.- Asesoramento

Nesta fase, un asesor ou unha asesora axudará ás persoas solicitantes a recompilar todas as probas que poidan achegar para defender e xustificar a súa competencia profesional: proxectos, traballos realizados, certificados oficiais de estudos (poden ser estudos incompletos ou extinguidos), cursos, referencias, informes e certificados dos empregadores. Realizarase tamén un cuestionario de autoavaliación.

2.- Avaliación das competencias profesionais

A comisión de avaliación empregará os métodos que considere necesarios para comprobar o exposto na documentación achegada na fase de asesoramento. Poden ser entre outros, a observación directa no posto de traballo, simulacións, probas estandarizadas de competencia profesional ou entrevista profesional.

3.- Acreditación e rexistro das competencias

Cando superes o proceso de avaliación obterase unha acreditación de cada unha das unidades de competencia nas que se demostrou a competencia profesional.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión