Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Actividades de lecer para a mocidade de 18 a 30 anos verán 2025. Aberta a 2ª convocatoria

A Campaña de verán 2025 da Xunta de Galicia inclúe un programa de lecer educativo, alternativo e saudable para a mocidade galega de 18 a 30 anos. Prazas en diversos programas de actividades, en quendas de entre 4 e 13 días de duración, en albergues e residencias xuvenís.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 10/06/2025

ata 5 días antes do inicio do programa, de existir prazas vacantes.

Horario:

A incorporación realizarase o primeiro día da actividade, ás 17.00 horas, e a saída será o último día da actividade, despois de xantar.

Duración:

Entre 4 e 13 días nos meses de xullo e agosto de 2025.

Prezo:

  • 1. MAR, NATUREZA E PATRIMONIO: 74 € 
  • 2. A VIDA NA ALDEA: 74 € 
  • 3. SURF NA MARIÑA: 77,32 € 
  • 4. ARTE NAS MANS: UNHA VIAXE POLA NOSA ARTESANÍA: 74 € 
  • 5. ENTRE MONTAÑAS: 74 € 
  • 6. OS ANDARES DO MIÑO: 74 €
  • 7. CONECTA CON GALICIA NO CAMIÑO: 240,5 € 
  • 8. CONECTA CON GALICIA NO CAMIÑO: 240,5 € 

Por ser titular do Carné xove ou membro de familia numerosa, acolledora ou monoparental aplicarase un desconto do 25% sobre o prezo. 

Requisitos:

  • Persoas mozas residentes en Galicia.
  • É necesario ter os 18 anos ao inicio do programa e non cumprir os 31 antes do seu remate. No caso das actividades do programa Conecta con Galicia no Camiño será requisito ter entre 18 e 21 anos a día 19 de xullo de 2025.
  • Será necesario levar a tarxeta sanitaria e o DNI durante os días de realización do programa.
  • A solicitude presentarase en liña, no formulario dispoñible na páxina web de Xuventude.
  • Logo de adxudicada a praza, a persoa solicitante recibirá un correo electrónico coas instrucións para o pagamento da cota e coa documentación que debe presentar, cuberta e asinada, a través do enderezo electrónico actividadesmais18.xuventude@xunta.gal no prazo de 2 días hábiles desde o envío do correo electrónico. 

Páxina web:

https://xuventude.xunta.gal/accion-de-veran

Contacto:

Xefatura Territorial da Coruña. Servizo de Xuventude e Voluntariado

Espazo Amizar. Rúa Gregorio Hernández, 2-4. 15011 A Coruña

Tel. 881 881 238 - 881 881 239 - 881 881 240 - 881 881 241

Documentos:

Folleto (293 KB)

PROGRAMAS:

  • 1. MAR, NATUREZA E PATRIMONIO Albergue municipal Cabana de Bergantiños (Cabana de Bergantiños, A Coruña). 06-09-agosto
  • 2. A VIDA NA ALDEA  Albergue Xuvenil Garatuxa (Mesía, A Coruña). 24-27 xullo
  • 3. SURF NA MARIÑA Campamento xuvenil A Devesa (Ribadeo). 28-31 agosto
  • 4. ARTE NAS MANS: UNHA VIAXE POLA NOSA ARTESANÍA Albergue Allariz (Allariz, Ourense). 17-20 xullo
  • 5. ENTRE MONTAÑAS Albergue Eco dos Teixos, Casaio (Carballeda de Valdeorras, Ourense). 31-xullo/ 03-agosto
  • 6. OS ANDARES DO MIÑO Albergue Maristas Tui (Pontevedra). 25-28 agosto
  • 7. CONECTA CON GALICIA NO CAMIÑO Residencia xuvenil Altamar, Vigo (Pontevedra). 19-31 xullo
  • 8. CONECTA CON GALICIA NO CAMIÑO Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas (Ourense). 19-31 xullo

Os programas inclúen:

  • Programación de actividades de ocio educativo, alternativo, saudable e convivencial, así como o material necesario para o seu desenvolvemento.
  • Aloxamento nun albergue ou residencia xuvenil. 
  • Manutención en réxime de pensión completa.
  • Equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso.
  • Para o caso das persoas con discapacidade que por razón das súas necesidades especiais precisen apoio, disporase de persoal que conte coa formación e experiencia necesarias para atendelas.
  • Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

O desprazamento ata as instalacións onde se vai desenvolver o programa vai por conta das persoas que participan, tanto o día de incorporación como o día do remate da actividade.

SOLICITUDES:

  • A solicitude presentarase en liña, no formulario dispoñible na páxina web de Xuventude.
  • Prazo de solicitude: 
    • 1ª CONVOCATORIA. Do 19 ao 26 de maio. Cada solicitante só poderá enviar un formulario, no que elixirá ata un máximo de tres programas (identificados co seu código) por orde de preferencia. As prazas serán adxudicadas por rigorosa orde de recepción das solicitudes. 
    • 2ª CONVOCATORIA. Dende o día 10 de xuño pódense solicitar as últimas prazas dispoñibles. Poderá optar a estas prazas vacantes calquera persoa, incluso aquelas con praza xa adxudicada noutro programa na primeira convocatoria. As prazas serán adxudicadas, mentres existan vacantes, por orde de recepción das solicitudes, respectando a prioridade sinalada no formulario.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión