Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

AgoraSón, outono 2026

Con motivo do Día das Bibliotecas e para promover a lectura en lingua galega e o préstamo de material audiovisual, o Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coas Bibliotecas Municipais do Concello da Coruña, organiza o AgoraSón 2026, con Banda da Loba e Icía Varela e Haruna Chatani en concerto.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

23/10/2026

Horario:

21:00 h.

Prezo:

gratuíto con invitación*

*as invitacións (sen numerar e un máximo 2 por socia/o) repartiranse, ata esgotárense, nas Bibliotecas Municipais da Coruña co préstamo de material en lingua galega (libros, películas, CDs, etc.) dende o mércores 14 de outubro no horario de apertura de cada biblioteca.

Páxina web:

https://www.coruna.gal/lingua/

Contacto:

- Servizo de Normalización Lingüística

Centro Ágora: Lugar da Gramela, 17 (15010 - A Coruña)

tel.:  981 18 42 00 ext. 34311 / 34310

correo-e: lingua@coruna.gal

- Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña

www.coruna.gal/bibliotecas

A Banda da Loba é un grupo de música galega integrado por cinco mulleres (Xiana Lastra, Andrea Porto, Estela Rodríguez, Iria de Cabo e Paula Rego) que uniron as súas traxectorias individuais para crear un proxecto colectivo. Mesturando pop, blues, folk, rock e sons tradicionais crean un estilo musical de seu, heteroxéneo e singular. 

«Bailando as rúas», «Fábrica de luz», «Hasme oír»  e «Xabón Lagarta» son os catro traballos discográficos que tiñan publicados ata o ano pasado. En 2025 sacaron «Lovismo». 

Icía Varela e Haruna Chatani

A pandeireta que une culturas. A cantareira galega Icía Varela e a música Haruna Chatani ofrecen unha proposta artística moi singular na que se mesturan as sonoridades tradicionais de Galicia e do Xapón, creando pontes entre culturas a través do koto (arpa xaponesa) e da pandeireta.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión