Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Ano no que nacimos

Exposición do colectivo Miñoco, en Plataforma14 - Fórum Metropolitano.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 15/01/2016 ata o 19/02/2016

Xa rematou

Enderezo:

Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

O COLECTIVO MIÑOCO naceu no 2011 coa intención de promover o traballo de diferentes ilustradores e poder realizar diferentes tipos de actividades, tanto lúdicas como educativas arredor do debuxo e a ilustración. Ao longo dos anos realizaron diversas mostras colectivas e participaron en eventos en diferentes puntos da xeografía galega como Santiago, Arzúa, Ourense e A Coruña.

ANO NO QUE NACIMOS pretende ser unha retrospectiva da infancia dos ilustradores do Colectivo Miñoco, pero tamén de toda a súa xeración. Cada autor, baseándose na súa experiencia persoal, buscará referentes históricos do ano no que naceu para elaborar dúas ilustracións. Estas dúas obras estarán acompañadas por outra lámina con parte do seu proceso creativo.

Na actualidade Miñoco está formado por 10 ilustradores: Yago García, Jorge Peral, María Álvarez, Juan D. Guevara, Alberto Fernández, Sonia Corral, Rebeca Varela, Roberto M. Soler, Paula Esteban e Xulia Pisón.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión