Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Axudas de mobilidade complementarias para o alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2025/26.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 18/05/2026

Duración:

O programa de mobilidade será realizado durante o curso académico 2025/26. As axudas concederanse para estadías dun máximo de nove e dun mínimo de dous meses.

Requisitos:

  • Estar matriculado/a no curso 2025/26 en estudos conducentes a unha titulación de grao en ensinanzas artísticas superiores (nivel MECES 2) en calquera dos centros públicos de ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ser beneficiario/a no curso 2025/26 dunha axuda do programa Erasmus+ xestionada polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación cunha mobilidade en países do programa.
  • Non ter desfrutado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.
  • Queda excluído desta convocatoria o alumnado que, con nacionalidade distinta da española ou con dobre nacionalidade, realice a mobilidade nos seus países de orixe ou nalgún país do cal é nacional. Así mesmo, queda excluído da convocatoria o alumnado que non se desprace ao país de destino.

Remuneración / Custo:

As axudas terán a seguinte contía, en función dos grupos de países que teñen a condición de países do programa Erasmus+:

  • De 195 €/mes para un país de destino do grupo 1 (Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Francia, Irlanda, Islandia, Italia, Liechtenstein, Luxemburgo, Noruega, Países Baixos e Suecia).
  • De 165 €/mes para un país de destino do grupo 2 (Chequia, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Grecia, Letonia, Malta, Portugal).
  • De 125 €/mes para un país de destino do grupo 3 (Bulgaria, Croacia, Lituania, Hungría, Polonia, Romanía, Serbia, Macedonia, Turquía).

Páxina web:

www.edu.xunta.gal

Contacto:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Edificio Administrativo San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 546 585

Enderezo electrónico sereap@edu.xunta.gal

Dúbidas ou dificultades técnicas durante o proceso de obtención dos formularios: teléfono de información 012 ou enderezo electrónico 012@xunta.gal 

Publicación: DOG 16/04/2026

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED322A

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión