Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo, curso 2022-2023

O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2022-2023

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 30/09/2022

Requisitos:

  • Poderá solicitar as axudas o alumnado que non supere unha determinada renda e/ou patrimonio familiar.
  • Presentar necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais
  • Estar a cursar en centro específico, en unidade de educación especial de centro ordinario ou en centro ordinario que escolarice alumnado que presentan necesidades educativas especiais, algún dos niveis educativos non universitarios
  • Poderá solicitar as axudas o alumnado con Trastorno do Espectro Autista e o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.
  • Para obter o subsidio requirirase ser membro de familia numerosa.

Remuneración / Dotación:

Compoñentes das axudas e contías:

  • Ensino: ata 862 €
  • Transporte interurbano: ata 617 €
  • Comedor escolar: ata 574 €
  • Residencia escolar: ata 1.795 €
  • Transporte para traslado de fin de semana de alumnos internos en centros de educación especial: ata 442 €
  • Transporte urbano: ata 308 €
  • Libros e material didáctico:
    • Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional Básica, Formación para a transición á vida adulta e Outros programas formativos de formación profesional: ata 105 €
    • Resto de niveis do ensino post-obrigatorio: ata 204 €
  • Reeducación pedagóxica ou da linguaxe: ata 913 € para cada unha delas.

Páxina web:

www.becaseducacion.gob.es

Contacto:

- Ministerio de Educación e Formación Profesional

Rúa dos Madrazo, 15 (28014 - Madrid)

Tel.: 910 837 937

- Unidade de Bolsas para estudos non universitarios:

Pl. de Luís Seoane, s/n - Edif. Adm. Monelos, 7ª planta (15008 - A Coruña)

Tel.: 981 184 741

correo-e: bolsas.ed.co@xunta.gal

Publicación: BOE 18/05/2022 (extracto)

Base de Datos Nacional de Subveniones BDNS(Identif.): 626704

Documentos:

Basees convocatoria .pdf (267 KB)

Convócanse para o curso académico 2022-2023 as seguintes axudas:

  • Axudas directas para o alumnado, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade), que requira por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais. Tamén poderá ser beneficiario de axudas directas o alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista) que requira estes apoios e atencións educativas específicas.
  • Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais para familias numerosas. Tamén poderán ser beneficiarios de subsidios o alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista), pertencentes a familias numerosas.
  • Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión