Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Bonotaxi 2022. Axudas para o transporte en taxi de persoas con discapacidade

O Concello da Coruña convoca axudas dirixidas a persoas cunha discapacidade que afecte gravemente á mobilidade e que lles impida utilizar os transportes públicos colectivos, co fin de proporcionarlles un servizo alternativo en taxi para os seus desprazamentos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 16/12/2021

Duración:

Os bonos-taxis poderán utilizarse desde o momento da entrega ata o 31 de decembro de 2022.

Requisitos:

  • Ser maior de 3 anos.
  • Residir no Concello da Coruña e constar como empadroado.
  • Ter recoñecida legalmente a condición de persoa con discapacidade mediante resolución (ou documento equivalente) do organismo competente da Xunta de Galicia ou Administración competente na que conste que a discapacidade afecta gravemente á mobilidade e impide utilizar os transportes públicos colectivos.
  • No caso de que a persoa solicitante se atope en activo, non ter recoñecido este beneficio por convenio colectivo, contrato laboral ou calquera outro título acreditativo. Nin tampouco ter dereito a este servizo a través de ISFAS, MUFACE ou outra entidade.
  • Se a persoa é maior de 18 anos, non constar como titular dun vehículo.
  • Non dispoñer dunha capacidade económica superior ao 210% do IPREM vixente no ano 2022.
  • Estar ao corrente das súas obrigacións fiscais coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), co Concello da Coruña, así como coa Tesourería da Seguridade Social. 

Remuneración / Dotación:

O crédito total da convocatoria dividirase a partes iguais entre todas as persoas solicitantes que reúnan os  requisitos, sen que a contía concedida a cada unha delas individualmente supere o importe de 1.000,00 €.

Os bonos-taxis serán entregados en soporte papel, polo importe total da axuda concedida, e con importes de 0,50, 1,00 € e 3,00 €. 

Páxina web:

www.coruna.gal/servizossociais

Contacto:

Concello da Coruña

Praza de María Pita, s/n. 15001 A Coruña

Teléfono de información 010

Publicación: 

BOP 16/11/2021 (extracto)

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 594616

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión