Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Certame literario xuvenil "Relatos da liberdade"

A Delegación do Goberno en Galicia convoca o concurso de relato curto “Relatos da liberdade”, co obxectivo de fomentar a creación literaria e achegar á mocidade os valores da democracia, os dereitos e as liberdades.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 20/11/2026

ás 14:00 h

Requisitos:

Mocidade nacida entre os anos 2009 e 2011, correspondentes principalmente ao alumnado de 4º da ESO, 1º de Bacharelato e FP. Tamén poderán optar ao "Premio Semente Democrática" os centros educativos de Galicia que conten con alumnado destas idades que participe no concurso.

Os relatos deberán ser orixinais e inéditos, creados exclusivamente mediante intelixencia humana. 

A temática deberá estar vencellada aos valores democráticos e á liberdade en España nos últimos 51 anos.

Despois do relato, a persoa autora deberá indicar o dereito, liberdade e/ou feito histórico sobre o que xira o argumento.

Poderán estar escritos en galego ou castelán.

Extensión máxima: 500 palabras.

Poderán presentarse en formato dixital (PDF ou Word), con tipografía lexible -por exemplo, Arial ou Times New Roman, tamaño 12-, ou manuscrito, sempre que sexa perfectamente lexible.

Remuneración / Dotación:

En cada provincia concederanse:

Premio Democracia: unha tablet con lapis óptico que permite escribir a man na propia pantalla.

Premio Liberdade:  unha tablet con lapis óptico que permite escribir a man na propia pantalla.

Premio Semente Democrática: lote de libros valorado en 300 € para a biblioteca do centro.

Páxina web:

mptmd.gob.es/gl

Contacto:

Delegación do Goberno en Galicia

Concurso "Relatos da liberdade"

Praza de Ourense nº 11

15004 - A Coruña

E-correo: relatosliberdade.galicia@correo.gob.es

Documentos:

Bases Certame literario xuvenil "Relatos da liberdade" (238 KB)

Premio Democracia: outorgaráselle á mellor obra que reflicta valores democráticos.

Premio Liberdade: outorgaráselle á mellor obra que reflicta valores relacionados coa liberdade.

Premio Semente Democrática: destinado ao centro educativo que amose maior implicación no concurso, mediante actividades propias ou fomentando a participación do alumnado

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión