Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Ciclo Principal: The mountain

De Agrupación Señor Serrano

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 21/10/2022 ata o 22/10/2022

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

70 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (carné xove, + 65 anos, desempregados, -20%; familias numerosas, -25%)

*Todo o que acceda ao recinto debe facelo con entrada, independentemente da idade que teña

Só a Agrupación Señor Serrano pode combinar nun mesmo espectáculo o misterio non resolto da primeira expedición ao Everest, o pánico que xerou a emisión radiofónica d'A Guerra dos mundos de Orson Welles, un busto dixital falando de Vladimir Putin, xogadores de bádminton vestidos de inmaculado branco, unha web de noticias faltas, a ameaza dun dron sobrevoando o público e unha maqueta dun pobo americano. The mountain, o último proxecto dunha das compañías catalás con máis renome internacional, é unha abraiante rede de imaxes para reflexionar sobre qué quere dicir a verdade sen dogmatismos e con moita ironía. Unha función, coma sempre, visualmente impecable que nos fará cuestionar as certezas de todo aquilo que lemos, sentimos ou vemos.

Con: Anna Pérez Moya, Àlex Serrano, Pau Palacios e David Muñiz

Dramaturxia e dirección: Àlex Serrano, Pau Palacios e Ferran Dordal

Voz: Amelia Larkins

Música: Nico Roig

Programación de vídeo: David Muñiz

Creación de vídeo: Jordi Soler Quintana

Escenografía e maquetas: Lola Belles e Àlex Serrano

Asistente de escenografía: Mariona Signes

Vestiario: Lola Belles

Deseño de luces: Cube.bz

Máscara dixital: Román Torre

Dirección de produción: Barbara Bloin

Produtora: Paula Sáenz de Viteri

Dirección técnica: David Muñiz

Dirección: Art Republic.

Unha produción da Agrupación Señor Serrano, Grec Festival de Barcelona, Teatre Lliure, Conde Duque Centro de Cultura Contemporánea, CSS Teatro Stabile di Innovazione del Friuli - Venezia Giulia, Teatro Stabile del Veneto - Teatro Nazionale, Zona K / Monty Kultuurfaktorij, Grand Theatre, Feikes Huis

Co apoio de: Graner - Mercat de les Flors

**Espectáculocon textos en inglés con sobretítulos en castelán

*Venda de entradas soltas a partires do 8 de setembro

- Despacho de Billetes da Praza de Ourense: de luns a venres de 11 a 15 e de 16.30 a 19.30 h

- Despacho de Billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16 a20 h

- Venda en liña: Ataquilla.com

* Programación para adultos, idade recomendada a partir de 14 anos

* Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión