Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Construción de contornas de lecer que protexan á infancia fronte á violencia

A Universidade Pontificia de Comiñas e o Instituto Navarro da Mocidade organizan este curso mooc, que ten como obxectivo principal mellorar a protección da infancia yfomentar o bo trato cara a ela nas actividades culturais, de lecer e tempo libre.

A quen vai dirixido?:

  • Monitorado de tempo libre, educadoras, educadores e responsables de entidades que traballan con infancia e mocidade.
  • Responsables de proxectos dirixidos a infancia e mocidade vinculados a concellos e entidades sociais e/ou deportivas.
  • Mozos con interese nestas cuestións e que teñan relación na súa práctica de intervención con infancia e mocidade.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Este curso estará dispoñible durante o ano 2025.

Prezo:

gratis.

Páxina web:

moocs.comiñas.edu

Contacto:

Instituto Navarro da Mocidade

Rúa Yanguas e Miranda 27, baixo. 31003- Pamplona

e-correo: enaj@navarra.es

Metodoloxía

Formación en liña auto guiada, teórico-práctica. Actividades dinámicas e creativas. Dispoñeranse casos prácticos do ámbito da educación non formal, deporte, lecer e tempo libre.

Contidos

  • Dereitos da nena e o neno: os 4 eixos da Convención dos Dereitos do Neno.
  • Marco conceptual e tipoloxía de violencia.
  • Marco normativo básico de profesionais e voluntariado que traballa con infancia.
  • Construción de contornas seguras e de bo trato.
  • A figura do Delegado/a de protección.
  • Prevención.
  • Detección e respostas.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión