Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Curso de Intelixencia Artificial

Este curso gratuíto, organizado pola Escola de Organización Industrial, está deseñado para que os estudantes aprendan as bases esenciais da intelixencia artificial e adquiran as habilidades fundamentais en ciencia de datos a través de exercicios prácticos. Está destinado a persoas novas inscritas en Garantía Xuvenil.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Primeiros cursos desde final de setembro.

Inscricións:

Convocatoria permanente.

Horario:

De luns a venres. 4-5 horas diarias. Haberá cursos en horarios de mañá e cursos en horario de tarde.

Duración:

3 meses. 317 horas lectivas (295 horas de clase e 22 horas de titoría)

Prezo:

Gratuíto por ser un programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus e SAMSUNG.

Requisitos:

  • Persoas novas que no momento de solicitar a participación no programa teñan entre 16 e 29 anos, e que estean inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
  • O alumnado deberá ter coñecementos mínimos de:
    • Nivel de inglés similar a B2
    • Matemáticas
      • Sólida base de álxebra
      • Entendemento básico de álxebra lineal
    • Experiencia en programación: Programación en Python
      • Ser capaz de usar Jupyter Notebook
      • Fundamentos de Python: variables, condicionais, funcións e entrada/saída
      • Tipos de datos en Python: básicos e compostos (listaxe, tupla, dicionario e conxunto)
      • Secuencias mutables
      • Clases en Python
      • Estruturas de datos (pilas, colas) e algoritmos (ordenamento e procura) como habilidade para resolver problemas
    • Manexo de Microsoft Office (Excel, Word) e PDF

Páxina web:

https://www.eoi.es/

Contacto:

Escola de Organizació Industrial (EOI)

virginia.capseta@eoi.es

Obxectivos

  • Comprender as matemáticas fundamentais detrás da ciencia de datos e a aprendizaxe automática: álxebra lineal, probabilidade e estatística.
  • Ser capaz de realizar o preprocesamiento de datos coas bibliotecas de Python (NumPy e Pandas) para a execución de modelos óptimos de aprendizaxe automática e visualización de datos.
  • Explorar a aprendizaxe supervisada e non supervisado e ser capaz de aplicar o algoritmo de aprendizaxe automática máis adecuado.
  • Aprender a procesar datos textuais para derivar información de alta calidade do texto e aplicar novos coñecementos a negocios do mundo real (NLP).
  • Construír e adestrar redes neuronais profundas, utilizar bibliotecas de aprendizaxe profunda como TensorFlow e Keras para gañar competencia, así como manexar varias técnicas de aprendizaxe profunda.

Modalidade

As clases desenvolveranse en formato en liña. O alumnado apoiarase nos materiais facilitados polos profesores aplicando a metodoloxía Learning by Doing.

Inscrición

Formulario

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión