Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

DiscoverEU. Novo prazo de presentación de candidaturas

DiscoverEU é unha iniciativa da Unión Europea que ofrece a oportunidade de descubrir Europa con desprazamentos principalmente en tren. Se tes a cidadanía da Unión Europea e 18 anos de idade, podes presentar a túa candidatura e optar a un dos bonos de viaxe.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 12/10/2021 ata o 26/10/2021

Requisitos:

  • Ter 18 anos de idade o 31 de decembro de 2021 (é dicir, nacer entre o 1 de xaneiro de 2003 e o 31 de decembro de 2003, ámbolos días inclusive). Excepcionalmente, quen podía presentar a súa candidatura nas dúas roldas de 2020, que foron canceladas, poderán volver presentarse a esta edición; é dicir, tamén poden presentarse mozos que nacesen entre o 1 de xullo de 2001 e o 31 de decembro de 2002 (ámbolos días incluídos).
  • Ter a nacionalidade dun dos Estados membros da Unión Europea no momento da concesión dos bonos.
  • Encher un número de documento de identidade ou pasaporte válido no formulario de candidatura en liña.
  • Despois terás que responder a un cuestionario.
  • Poden presentarse candidaturas en grupo que se considerarán unha candidatura única. Soamente teranse en conta a efectos de selección os membros do grupo que completasen o formulario de candidatura utilizando o código facilitado pola xefa ou o xefe do grupo. Os grupos poden estar compostos por persoas de distintas nacionalidades que vivan en lugares diferentes.

Remuneración / Custo:

Se a túa candidatura resulta seleccionada, poderás facer unha viaxe de entre un e trinta días de duración desde o 1 de marzo de 2022 ata o 28 de febreiro de 2023.

Páxina web:

https://europa.eu/youth/discovereu_é

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión