Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

En xogo, aceptas o reto?

A Fundación María José Jove organiza "En Xogo", un espazo para mozos/as de 12 a 16 anos, onde cada xoves se converte nunha nova aventura. Un lugar para coñecer xente, compartir momentos, descubrir xogos, superar retos e darlles forma ás túas ideas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 05/10/2026 ata o 27/05/2027, os xoves

Inscricións:

Dende o 01/09/2026 ata o 03/05/2027

Horario:

16.30-18.00 h

Prezo:

7 cotas de 2,86 €/cota

Requisitos:

Dirixido a mozos e mozas de entre 12 e 16 anos

Páxina web:

fundacionmariajosejove.org

Contacto:

Fundación María José Jove, FMJJ

Rúa Galileo Galilei, 6

15008 A Coruña

Tel: 981 160 265

Correo electrónico: info@fundacionmariajosejove.org

www.instagram.com/fundacionmariajosejove

www.facebook.com/fundacionmariajosejove

Todos os xoves unha nova partida. Aceptas o reto?

Non hai dúas tardes iguais

Xogos, desafíos, retos creativos, traballo en equipo, risas e tempo para imaxinar, construír e poñer en marcha novas ideas. Aquí non importa gañar ou perder. O importante é participar, descubrir, colaborar e gozar do camiño.

Non é unha clase

É un lugar onde desconectar da rutina, expresarse con liberdade, crear e deseñar os teus propios xogos. Unha oportunidade excelente para formar parte dunha comunidade onde todas as persoas participantes teñen algo que achegar.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión