Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Explora Europa con DiscoverEU

DiscoverEU é unha acción do programa Erasmus+ que che ofrece, a través dun bono de viaxe, a posibilidade de explorar a diversidade de Europa, aprender sobre o seu rico patrimonio cultural e a súa historia, percorrer as súas vibrantes cidades, descubrir a súa majestuosa natureza, e conectar con persoas de todo o continente.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 30/10/2025 ata o 13/11/2025

ás 12:00 horas.

Duración:

A viaxe terá unha duración máxima dun mes. Está previsto que o período de viaxe comece o 1 de marzo de 2026.

Requisitos:

  • Ter 18 anos cumpridos entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 31 de decembro de 2025 (é dicir, nacer entre o 1 de xaneiro de 2007 e o 31 de decembro de 2007, ambos inclusive).
  • Ser cidadán ou residente nun dos 27 Estados membros da Unión Europea, incluídos os países e territorios de ultramar, ou dun dos terceiros países asociados ao programa Erasmus+.
  • Encher o formulario de candidatura a través do Portal Europeo da Mocidade, cun número de documento de identidade, de pasaporte, ou de cartón de residencia legal válido.
  • Responder a un cuestionario (excepto candidaturas como membro dun grupo xa que só debe facelo o xefe ou a xefa do grupo).

Remuneración / Dotación:

A Comisión Europea e a EACEA concederán aos e os novos bonos de viaxe, que como norma xeral, serán de tren.

Ademais, as persoas seleccionadas recibirán un cartón de descontos de DiscoverEU co que obter descontos en visitas culturais, actividades de aprendizaxe, deportes, transporte local, aloxamento e comida.

Páxina web:

https://youth.europa.eu/discovereu_é

Contacto:

Axencia Nacional Española para a Mocidade (INJUVE)

Rúa José Ortega e Gasset 71, 28006 Madrid

Tel. 91 782 78 23

Email: erasmusplus@injuve.es

Formulario de contacto Eurodesk

No outono de 2025, a Comisión Europea e a Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA) teñen previsto conceder a uns 35.000 novos bonos de viaxe e cartóns de descontos para explorar Europa.

DiscoverEU ofrece ás e os mozos de dezaoito anos a posibilidade de vivir unha experiencia única e explorar Europa, principalmente en tren, á vez que promove o seu sentido de pertenza á Unión Europea.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión