Nesta exposición, Olalla Franco, Nacho Martínez e Pedro Silva, tres artistas vinculados pola súa formación no ciclo de escultura da Escola de Artes e Superior de Deseño Pablo Picasso, presentan un proxecto expositivo que constará de tres únicas pezas adaptadas e deseñadas ao espazo da sala de exposicións.
Para público en xeral
Dende o 30/11/2017 ata o 12/01/2018
A exposición inaugurarase o 30 de novembro ás 20:00 horas.Xa rematou
Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
de balde.
Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña
Fórum Metropolitano R/ Río Monelos, 1
15006 - A Coruña
Tfno: 981 184 294
Tres instalacións montadas ao longo de tres días. Cada unha dun/ha autor/a, pero abertas á interacción entre elas, na que a idea da exposición nace cun condicionante externo que acouta a proposta, o tempo. Estas obras de carácter efémero trasladan o protagonismo ao proceso de creación, que será exposto a través das redes sociais ao longo da sua xénese.
As obras e técnicas utilizadas serán a de muráis de gran formato utilizando táboa contrachapada evocando motivos xeométricos e paisaxes fundamentados no uso da liña; e unha instalación escultórica de madeira na que o propio material configurará o movemento.
A sala Plataforma14, pertencente a Concellaría de Participación e Innovación Democrática e coordinada polo Centro Municipal de Información Xuvenil, pretende visibilizar a creación realizada polos/as artistas emerxentes da nosa cidade. Toda a información sobre este espazo pode atoparse na web www.coruna.gal/cmix/plataforma14.
Primeiro prazo de inscrición: alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación (bacharelato): até 10 de xuño de 2024.
Segundo prazo de inscrición: alumnado que cumpre co requisito de titulación: até 21 de xuño de 2024.
Dende o 30/04/2024 ata o 13/09/2024
Ata o 08/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible