Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Exposición "Vítor Mejuto. Coruña ciudad" na Sede Afundación da Coruña

A Sede Afundación da Coruña acolle a exposición «Vítor Mejuto. Coruña ciudad», unha mostra que invita a redescubrir a cidade a través da mirada do artista sobre as formas da arquitectura cotiá, os seus detalles e solucións construtivas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 14/10/2026 ata o 09/01/2027

Horario:

  • de luns a venres, de 17.30 a 20.30 h.
  • sábados e festivos, de 12.00 a 14.00 h e de 17.30 a 20.30 h.

Prezo:

de balde.

Páxina web:

https://www.afundacion.org

Contacto:

Sede Afundación Coruña

R/ Cantón Grande 8. 15003 - A Coruña

Tel.: 981 185 060

socioculturales@afundacion.org

Inauguración

O vindeiro 14 de outubro terá lugar a inauguración, ás 12:00 h, á que vos podedes inscribir a través da seguinte ligazón: www.afundacion.org

Ademais, ás 19:00 h celebrarase unha visita inaugural, unha oportunidade para coñecer a proposta e o espazo de maneira máis próxima. Podes anotarte na seguinte ligazón: www.afundacion.org

Cultura por alimentos

Esta exposición forma parte de «Cultura por alimentos», a iniciativa solidaria que Afundación desenvolve xunto con FESBAL desde 2021. Con cada visita a unha actividade cultural, o público pode doar alimentos non perecedoiros nos colectores instalados nas sedes de Afundación, destinados aos bancos de alimentos galegos.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión