A Deputación da Coruña convoca a I Edición do Premio de Pódcast «Transmitindo na Lingua Galega», que recoñece e promove a creación de contidos sonoros en lingua galega.
Para público en xeral
Ata o 18/12/2026
até as 14:00 h.
O pódcast deberá destacar polo uso da lingua galega e encaixar nunha das catro categorías establecidas na convocatoria: "O teatro do aire", "A palabra fiada", "A pescuda sonora" ou "A voz da nosa lingua".
As solicitudes de participación nestes premios tramitaranse de xeito telemático, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTEL).
As persoas premiadas están obrigadas a divulgar a obtención do premio en calquera soporte ou medio de comunicación. Nas publicacións nas redes sociais deberán etiquetar a Deputación da Coruña e a Cultura Deputación da Coruña.
5.000 € cada categoría.
Deputación da Coruña - Sección de Normalización Lingüística
Avenida Porto da Coruña nº 2
15003 - A Coruña
Tel: 981 415 358
E-correo: normalizacion.linguistica@dacoruna.gal
Bases: BOP 23/09/2026
Categorías:
A) O teatro do aire: Obras orixinais de ficción sonora ou que estean baseadas en obras xa existentes ou adaptadas, e que usen voces, efectos sonoros, músicas, ambientes, sons etc.
B) A palabra fiada: Entrevistas, conversas, debates ou diálogos que sexan a base conversacional do contido do pódcast, entre dúas ou máis persoas, sobre calquera temática.
C) A pescuda sonora: Pódcasts divulgativos e creativos que pescuden un asunto concreto, unha persoa, problemática ou acontecemento social.
D) A voz da nosa lingua: Pódcasts que contribúan ao estudo, divulgación, promoción e uso da lingua galega
20/11/2026
A actividade comezará o 13 de novembro de 2026 e celebrarase durante sete fins de semana.
Inscricións ata completar as prazas.
Dende o 07/11/2026 ata o 29/11/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible