Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

"Inconscientemente"

A sala Plataforma14 acolle a exposición artística Inconscientemente.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 24/11/2016 ata o 05/01/2017

Xa rematou

Horario:

  • De luns a venres de 9:00 a 21:00.
  • Sábados de 9.00 a 14:00 e de 16:00 a 21.00h.

Enderezo:

Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

de balde.

Páxina web:

www.coruna.es/cmix/plataforma14

Organiza:

CMIX, Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña

Contacto:

CMIX, Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña
Fórum Metropolitano
r/ Río Monelos, 1
15006 - A Coruña
Tfno: 981 184 294
cmix@coruna.es 

Esta mostra está organizada pola asociación Sen Ánimo de Nome e forma parte do proxecto 1+1 Play Coruña, que ten como obxectivo visibilizar a obra de artistas emerxentes, e nela poderase coñecer a obra de 6 artistas: Julia Aguiar, Iria Prol, Cristina Chiarroni, Marita Carmona, Tommaso Freda e Carolina Russo.

"Inconscientemente" é unha mostra onde a través de diferentes técnicas artísticas,  os/as artistas traballan o tema do subconsciente, da ponte interior entre a luz e as súas escuridades, as sombras e a profundidade do ser humano. O espello como elemento crave para mirarse, analizarse e tratar a maneira de traballar os complexos interior para sair limpo e san.

Ademais na inauguración, que terá lugar o día 24 de novembro de 18 a 21 horas, levaranse a cabo dúas perfomances de danza de dous/dúas artistas coruñeses/as , Marta Cuba e Marcos Sánchez, que están a traballar sobre o tema inscosciente e o aspecto psicoanalista do baile.

A exposición poderase visitar do 24 de novembro ao 5 de xaneiro do 2017 na sala Plataforma14 do Fórum Metropolitano da Coruña.

A sala Plataforma14, pertencente a Concellaría de Participación e Innovación Democrática e coordinada polo Centro Municipal de Información Xuvenil, pretende visibilizar a creación realizada polos/as artistas emerxentes da nosa cidade. Toda a información sobre este espazo pode atoparse na web www.coruna.es/cmix/plataforma14.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión