Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

"Liña de saída"

A sala Plataforma14 acolle a exposición multidisciplinar "Liña de Saída", do alumnado do instituto Adormideras.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 14/06/2016 ata o 28/06/2016

Xa rematou

Horario:

  • De luns a venres de 9:00 a 21:00.
  • Sábados de 9.00 a 14:00 e de 16:00 a 21.00h.

Enderezo:

Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

de balde.

Páxina web:

www.coruna.es/cmix/plataforma14

Organiza:

CMIX, Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña

Contacto:

CMIX, Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña
Fórum Metropolitano
r/ Río Monelos, 1
15006 - A Coruña
Tfno: 981 184 294
cmix@coruna.es 

O título desta mostra alude á liña como elemento básico esencial nas artes plásticas e, particularmente, no debuxo, técnica que predomina entre as obras aquí expostas.

Pero neste caso serve tamén como metáfora da situación vital dos novísimos e novísimas artistas que aquí amosan os seus traballos, e que rematan neste curso o Bacharelato de Artes para iniciaren unha carreira de fondo cara o seu futuro profesional.

Baixo o nome de "Liña de Saída" amósanse máis de cincuenta obras, a maioría sobre papel, producidas por outros tantos estudantes que reflexan unha pequena parte do traballo realizado durante este curso: debuxos a grafito, tinta, acuarela e acrílico, retratos, bodegóns, exploracións de técnicas e estilos, e homenaxes aos mestres, ademáis de libros de artista e outras pezas escultóricas.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión