Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Lo fingido verdadero

De Lope de Vega

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/04/2022 ata o 02/04/2022

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

120 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

21,50 €; 15,00 €; 13,00 €; 9,50 €  (carné xove, + 65 anos, desempregados, -20%; familias numerosas, -25%)

Compañía Nacional de Teatro Clásico

Xunto con Hamlet, de Shakespeare e El impromptu de Versalles de Molière, Lo fingido verdadero constrúe unha fascinante triloxía sobre o teatro dentro do teatro no século XVII.

O teatro barroco insistiu na idea de que a vidaa é unha representación teatral cuxos papeis están escritos por deus, e noso talento como intérepretes será xulgado en función dos preceptos cristiáns.

As tres xornadas da obra proponnos unha fascinante reflexión sobreo destino e as súas aparentes arbitrariedades. O finximento ao que obriga a arte teatral poderá convertirse nunha viaxe cara a verdade, sexa cal sexa a forma na que queiramos indetificala.

Escrita de xeito simultáneo Arte Nuevo de Hacer Comedias, Lope agasállanos cunha das reflexións máis fascinantes sobre a verdade na vida e nas táboas que produciu o teatro de todos os tempos.

Con: María Besant, Montse Díez, Israel Elejalde, José Ramón Iglesias, Ignacio Jiménez, Álvaro de Juan, Jorge Merino, Francisco Pozo, Aisa Pérez, Arturo Querejeta, Verónica Ronda, Aina Sánchez, Eva Trancón

Dirección de Lluís Homar

***Espectáculo patrocinado por Loterías y Apuestas del Estado

Despacho de Billetes da Praza de Ourense: de luns a venres de 11 a 15 e de 16.30 a 19.30 h

despacho de Billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16 a 20 h

Venda en liña

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión