A sala de exposicións Plataforma14 acolle “Mans”, última reportaxe fotográfica da artista Sara Garabatos Díaz, alumna do CIFP Imaxe e Son: mostra composta por 14 fotografías de 45x35 cm realizadas a finais do ano 2017 e principios do 2018, partindo da inquietude de observar as mans do entorno da fotógrafa sabendo a que se dedicaban.
Para público en xeral
Dende o 26/03/2018 ata o 13/04/2018
Xa rematou
de luns a venres de 9 a 21 h. e sábados de 9 a 14 e de 17 a 21 h.
Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
de balde
Centro Municipal de Información Xuvenil
Fórum Metropolitano. R/ Río Monelos, 1 (15006 - A Coruña)
Tel.: 981 184 294
correo-e: cmix@coruna.es
"Mans" trata de facer ver as marcas ou características que deixa certo tipo de traballo (manual/artesán) nas mans de traballadores e traballadoras, por ese motivo as fotografías móstranse en parellas: a da esquerda coas mans realizando o traballo que usualmente fan, e as da dereita no seu pasatempo
As fotografías están organizadas seguindo unha orde cronolóxica, de menos tempo de traballo realizado a máis.
A sala Plataforma14, pertencente á Concellaría de Participación e Innovación Democrática e coordinada polo Centro Municipal de Información Xuvenil, pretende visibilizar a creación realizada polos/as artistas emerxentes da nosa cidade.
Toda a información sobre este espazo pode atoparse na web www.coruna.gal/cmix/plataforma14
Ata o 08/05/2024
Dende o 31/03/2024 ata o 31/03/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible