Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Nocturnia Primavera-Verán 2022

Nocturnia é un programa de ocio saudable para a xuventude organizado polo servizo de Mocidade da concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña, que recibe financiación do Ministerio de Sanidade e Benestar Social. Ofrece unha serie de actividades gratuitas para que a xente moza, de 12 a 30 anos, as teñades en conta á hora de planificar as vosas fins de semana.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/04/2022 ata o 30/07/2022

con diferentes prazos de inscrición para cada actividade

Xa rematou

Contacto:

Documentos:

Programa completo Nocturnia edición abril-xullo 2022 (1 MB)

PARA PARTICIPAR EN NOCTURNIA...

1. Bótalles un ollo a todas as actividades (ver pdf adxunto coa programación completa).

Mira as que sexan para a túa idade. Lembra que son para persoas de 12 a 30 anos, aínda que algunhas poden concretar máis as idades dentro de cada tramo.

2. Se xa sabes a cal ir, inscríbete nos prazos marcados. As inscricións son semanais, ábrense os luns ás 16.00 h e péchanse os xoves ás 12.00 h, ou ao esgotar as prazas. Se as actividades son de continuidade só hai que inscribirse unha vez.

3. Para acceder as actividades será obligatorio cumprir a normativa sanitaria vixente, o uso de mascarilla e aceptar as condicións de participación no programa que se porán en coñecemento de cada participante.

4. Non esquezas traer o teu DNI ás distintas actividades nas que te inscribises.

Todas aquelas inscricións que non leven os datos correctamente cubertos serán dadas de baixa nas actividades e notificado á persoa en cuestión a través de correo electrónico no caso de que sexa posible.

Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna ( Autorización para menores actividades Nocturnia ), ademais da copia do DNI da persoa que autoriza.

5. Segues con dúbidas? Consúltanos calquera cousa que precises a través do correo electrónico nocturniacoruna@gmail.com

O prazo de inscrición nas actividades xa rematou para esta convocatoria.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión