O Concello de Santiago de Compostela convoca o Premio Xohana Torres de ensaio, investigación e creación audiovisual sobre as mulleres na sociedade galega.
Para público en xeral
Ata o 30/12/2025
Modalidade ensaio/investigación:
a) As persoas participantes deberán presentar por duplicado un único traballo en soporte dixital, en formato PDF cun tamaño máximo do arquivo de 100 MB presentándose nun Pendrive.Os traballos terán unha extensión mínima de 150 páxinas e máxima de 300 páxinas, a dobre espazo, tamaño da fonte 12, con marxes de 2,5 centímetros, a unha soa cara e numeradas.
b) As obras, deberán presentarse coa seguinte estrutura: introdución, na que se exprese o tema e o obxectivo do ensaio; desenvolvemento do tema, coa exposición e a análise de leste; conclusións, os/as autores/ as expresarán as súas ideas sobre o tema; bibliografía, coas referencias ás fontes consultadas.
Modalidade creación audiovisual:
a) Os traballos audiovisuais poderán corresponderse con calquera tipo de expresión artística e terán unha duración mínima de 15 minutos.
b) Presentaranse por duplicado en cadanseu pendrive, no que se incluirá unha copia do vídeo.
Todas as obras terán que estar redactadas en lingua galega e empregar a linguaxe non sexista
Premiaranse dous traballos, un na modalidade de ensaio e outro na modalidade de creación audiovisual. Cada un dos premios estará dotado con 2.500 €.
Concello de Santiago de Compostela
Pazo de Raxoi
Praza do Obradoiro
15705 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tel: 981 542 300
E-correo: informacion@santiagodecompostela.gal
Bases e convocatoria: BOP 21/03/2025
Dende o 07/11/2025 ata o 06/12/2025
con diferentes prazos de inscrición para cada actividade
Dende o 07/11/2025 ata o 30/11/2025
Dende o 02/11/2025 ata o 21/11/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible