Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Probas de acceso ao Conservatorio Profesional de Danza da Coruña, curso 2021-2022

O Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña abre o prazo para inscribirse ás probas de acceso para o curso 2021-2022 para o nivel de iniciación e os graos elemental e profesional.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Requisitos:

  • Necesario facer inscrición previa para todos os niveis

Iniciación:

Curso preparatorio que sirve de introdución á danza por medio de xogos onde se traballa a coordinación e a musicalidade. A idade mínima para acceder son 7 anos.

Grao Elemental

Organízase en 4 cursos académicos. Para acceder é imprescindible superar unha proba específica de acceso. idade mínima para acceder son 8 anos.

Grao profesional:

Organízase en 6 cursos académicos.

Para acceder ao 1º curso hai que superar unha proba específica de acceso. 

Poderá accederse a calquera outro curso sen ter cursado os anteriores sempre que, a través dunha proba, a persoa aspirante demostre posuir os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas. correspondentes

Páxina web:

www.dacoruna.gal/conservatorio-profesional-danza

Contacto:

Conservatorio Profesional de Danza

Casa Martelo. R/ Franxa, 14. 15001 A Coruña

Tel.:  981 080 111 / 981 080 181

E-correo: conservatorio.danza@dacoruna.gal

Horario: de 17.00 -21.00 h.

DATAS:

  • INICIACIÓN, 1º GRAO ELEMENTAL  E   1º   GRAO PROFESIONAL: preinscricións até o 2 de xuño de 2021.
  • RESTO DOS CURSOS: preinscricións até o 30 de xullo de 2021.

LUGAR DA PREINSCRICIÓN: secretaría do Conservatorio Profesional de Danza.

DATA DAS PROBAS:

  • Iniciación: xoves, 3 de xuño de 2021.
  • 1º grao elemental: xoves, 3 de xuño de 2021.
  • 1º grao profesional: venres, 4 de xuño de 2021.
  • Resto de cursos: venres, 3 de setembro de 2021.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión