Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidaddes e Formación Profesional convoca as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de abril e xuño de 2025.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 11/04/2025, 06/06/2025

Inscricións:

  • Convocatoria de abril: do 10 ao 21 de febreiro de 2025, ambos os dous incluídos.
  • Convocatoria de xuño: do 31 de marzo ao 10 de abril de 2025, ambos os dous incluídos.

Horario:

En sesións de mañá e tarde: de 9:00-13:15h e de 16:00-19:00h.

Prezo:

 de balde.

Requisitos:

  • - Ser maior de 18 anos ou facer esa idade no ano 2025.
  • - Non estar en posesión do título de graduado en educación secundaria.
  • - Non estar nin ter estado a cursar ensinanzas de educación secundaria obrigatoria ordinaria nin de formación profesional básica no curso 2024-2025, agás as persoas matriculadas durante este curso na educación secundaria para persoas adultas, que poderán inscribirse nas probas se previamente cumpren as seguintes condicións:
    • . Ter solicitado a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre.
    • . Así mesmo, para acudir á primeira convocatoria, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

Páxina web:

www.edu.xunta.gal/portal/ea/obtencion-de-titulos

Contacto:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento territorial da Coruña. Edificio Administrativo de Monelos, 7º andar

R/ Vicente Ferrer, 2. 15008 - A Coruña

Tel.: 981 184 700 / 981 184 731

e-correo: educadultos@edu.xunta.gal

Publicación: DOG 07/02/2025

CONTIDOS

Os contidos da proba están integrados nos seguintes ámbitos:

  • Ámbito científico-tecnolóxico, no que se integran os aspectos básicos do currículo referidos ás materias de Física e Química, de Bioloxía e Xeoloxía, de Matemáticas, e de Tecnoloxía e Dixitalización.
  • Ámbito social, no que se integran os aspectos básicos do currículo referidos ás materias de Xeografía e Historia, e de Educación en Valores Cívicos e Éticos.
  • Ámbito da comunicación, no que se integran os aspectos básicos do currículo referidos ás materias de Lingua Galega e Literatura, de Lingua Castelá e Literatura e de Lingua Estranxeira (inglés ou francés).

PRAZO, FORMA E LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE INSCRICIÓN

  • Convocatoria de abril: do 10 ao 21 de febreiro de 2025, ambos os dous incluídos.
    • 7 de marzo: listaxes de persoas admitidas e excluídas e o centro en que debe realizar a proba.
  • Convocatoria de xuño: do 31 de marzo ao 10 de abril de 2025, ambos os dous incluídos.
    • 29 de abril: listaxes de persoas admitidas e excluídas e o centro en que debe realizar a proba.

* As persoas matriculadas para a 1ª convocatoria que non superen a totalidade dos ámbitos da proba consideraranse matriculadas para a 2ª convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

As solicitudes de inscrición deberán presentarse presencialmente nos centros educativos sinalados ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/ (código de procedemento ED540A), dirixido á Dirección Xeral de Formación Profesional da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Na Coruña: EPAPU Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3, 2º. 15011- A Coruña. Tel.: 881 960 901

LUGARES REALIZACIÓN PROBA

Constituiranse sedes para a realización da proba nas seguintes localidades: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. A relación dos centros educativos que actúen como sedes de exame publicaranse xunto coa lista de persoas admitidas e excluídas.

DATAS DAS PROBAS

En sesións de mañá e tarde: de 9:00-13:15h e de 16:00-19:00h.

  • 11 de abril de 2025
  • 6 de xuño de 2025

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión