A Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación, a través do Servizo de Mocidade, pon en marcha este programa co obxectivo de lle ofrecer asesoramento á mocidade da nosa cidade en ámbitos temáticos que teñen gran demanda na Rede Municipal de Espazos de Información Xuvenil do Concello da Coruña.
Para público en xeral
Dende o 12/05/2022 ata o 09/06/2022
con diferentes prazos de inscrición para cada actividadeSe es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna ( Autorización a menores Programa Asesórate na Rede ), ademais da copia do DNI da persoa que autoriza.
Rede Municipal de Espazos de Información Xuvenil
Teléfono Servizo de Información Xuvenil- Centro Ágora: 981 189 888 (ext. 34324 / 34325)
Teléfono Servizo de Información Xuvenil - Centro Cívico Cidade Vella: 981 189 885 (ext. 10803 / 10804)
Teléfono Servizo de Información Xuvenil -Fórum Metropolitano: 981 184 294
Whatsapp/Telegram: 606 362366
Email: cmix@coruna.es
Desta maneira ofértanse 4 obradoiros de carácter gratuíto co fin de asesorar de maneira precisa sobre cuestións concretas vinculadas aos seguintes ámbitos: mobilidade xuvenil, emprego, saúde e voluntariado europeo.
As inscricións ábrense o 04/05/2022 ás 16:00h e pecharanse o día anterior do comezo de cada obradoiro.
Unha vez que se esgoten as prazas, abrirase unha listaxe de agarda para cada obradoiro na que te poderás inscribir chamando ao teléfono 981.18.42.94
OBRADOIROS
Horario: 18.00 a 20.00 h
Idade: 12 a 30 anos
Lugar: Espazo Xuvenil Remanso
Dinamiza: Espazos de Información Xuvenil da Coruña e Cristina González González
Como realizar unha entrevista de traballo?
Horario: 18.00 a 20.30 h
Idade: 16 a 30 anos
Lugar: Espazo Xuvenil Remanso
Dinamiza: Espazos de Información Xuvenil da Coruña e Cendá Consulting
Como realizar un voluntariado europeo?
Data: 2 de xuño
Horario: de 18.00 a 19.30 h
Idade: 18 a 30 anos
Lugar: Espazo Xuvenil Remanso
Dinamiza: Espazos de Información Xuvenil da Coruña e Fundación Paideia
Recalculando ruta: Obradoiro motivacional e de xestión emocional tras os efectos da covid-19
Horario: de 18.00 a 19.30 h
Idade: 16 a 25 anos
Lugar: Espazo Xuvenil Remanso
Dinamiza: Espazos de Información Xuvenil da Coruña e Centro Quérote+
NOTA: Non esquezas traer o teu DNI ás distintas actividades nas que te inscribises.
30/05/2022
Ata o 27/05/2022
Ata o 30/09/2022
Ata o 03/06/2022
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible