Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Programa deportivo "en liña": #ActívateNaTúaCasa

O Servizo Municipal de Deportes do Concello da Coruña organiza un Programa deportivo "en liña", coa finalidade de axudarvos a manter unha vida activa e saudable, e sen saír da casa axudarche a facer o exercicio que precisas, e coidarnos entre todas e todos.

A quen vai dirixido?:

Menores a partir de 6 anos, mocidade, persoas adultas, maiores e familias.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Durante o estado de alarma.

Requisitos:

MATERIAIS NECESARIOS: Ningún, ou material diverso que habitualmente se pode atopar en cada casa: botellos de auga, paquetes de arroz ou pasta, medias ou calcetíns...

RECOMENDACIÓNS:

  • Antes de realizar calquera sesión, fai falta dedicar entre 10 e 20 minutos ao quecemento e activación cardiopulmonar.
  • Indumentaria: cómoda, flexible, zapatillas de deporte ou descalzo/a en función da actividade.
  • Non esquecer a hixiene persoal.
  • É importante hidratarse antes, durante e ao finalizar a sesión de exercicio físico.

Páxina web:

https://www.coruna.gal/deportes/gl/actividades/en-lina

Contacto:

Servizo Municipal de Deportes

Concello da Coruña

Rúa Manuel Murguía s/n. 15011 A Coruña

Tel.: 981 189 800

Email: deportes@coruna.es

OBXECTIVOS:

  • Evitar o sedentarismo
  • Activar corpo e mente para mellorar o benestar xeral
  • Conseguir pasar o menor tempo sentado/a.
  • Contribuír a crear unha rutina diaria de vida saudable
  • Reducir tempos de pantalla, descansando a vista.
  • Manter e/ou mellorar a forza, coordinación, flexibilidade, resistencia, equilibrio, axilidade, percepción corporal, espacial, temporal e a relaxación.

ACTIVIDADES E INTENSIDADES:

  • Intensidades: suave, moderada, intensa.
  • Actividades:
    • Para todas as idades: quecemento previo a calquera actividade, estiramentos para volver á calma e finalizar calquera sesión.
    • Para nenas e nenos: xogos de coordinación, percepción corporal, espacial e temporal, coordinación, equilibrio, flexibilidade.
    • Mocidade: acondicionamento físico moderado - intenso, tonificación moderada - intensa, mantemento, pilates, sesión aeróbica.
    • Persoas adultas: acondicionamento físico suave - moderado - intenso, tonificación suave - moderada - intensa, mantemento, pilates, sesión aeróbica.
    • Maiores: acondicionamento físico suave - moderado, tonificación suave, mantemento, pilates, sesión aeróbica.

LUGAR: Na web https://www.coruna.gal/deportes/gl/actividades/en-lina con enlaces ás actividades a través da rede Vimeo.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión