Formación gratuíta no sector TIC do CNTG para persoas desempregadas e traballadoras, tanto na modalide en liña como presencial
Para público en xeral
cada curso ou xornada ten o seu propio prazo de inscrición.
Gratuíto.
Son destinatarios das accións formativas (cursos, seminarios técnicos, etc.) que se desenvolvan no CNTG, tanto as persoas traballadoras ocupadas como as persoas desempregadas. Por tanto, as persoas pertencentes a calquera destes colectivos poden inscribirse en todas aquelas accións formativas que sexan do seu interese.
Hai accións formativas, como é o caso da maior parte dos cursos, que implicarán a realización dunha proba de selección e outras que serán de acceso directo, previa inscrición en ambos os casos.
No caso dos cursos, só poderán ser admitidas aquelas persoas solicitantes que se atopen en situación laboral de desemprego ou estean ocupadas e teñan o seu centro de traballo en Galicia. Será a persoa interesada a que indique, mediante declaración responsable, a súa situación laboral ao comezo do curso; aínda que o CNTG poderá comprobar de oficio dita situación, se así o considera.
Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia
Rúa Airas Nunes, s/n - Conxo 15702 - Santiago de Compostela
Teléfonos: 881 997 804 - 881 997 805 - 881 997 812 (tarde)
Programación de cursos e xornadas técnicas: https://cntg.xunta.gal/web/cntg/programacion-activa
Dende o 10/10/2024 ata o 30/10/2024
Ata o 04/10/2024
ou ata esgotar as prazas vacantes
O programa AIX desenvolverase de novembro 2024 a maio 2025
Prazo de envío de solicitudes do 19/09/2024 ata o 02/10/2024, ambos incluidos
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible