Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Cando:

2 de xullo de 2021

Publicación da listaxe de requirimento de documentación e corrección de bolsa comedor, convocatoria 2021/2022

O prazo para presentar a documentación requirida é do 5 ao 16 de xullo, ambos incluídos.

Hoxe publícase no Taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, a listaxe de requirimento de documentación e corrección da convocatoria de bolsa comedor, convocatoria 2021/2022.

A dita listaxe pode consultarse ao final desta noticia, descargando o documento "Requirimento de doc. e corrección BC 2021/2022"

COMO CONSULTAR A LISTAXE (documento Nota aclaratoria consulta lista de requirimento doc . e corrección BC 2021/2022)

As solicitudes están publicadas segundo o código do asento e por orde alfabética. O código do asento é o identificador da solicitude, constituído por unha serie de letras e números.

Nas solicitudes presentadas presencialmente en calquera dos rexistros municipais, este código aparece no cadro "Identificador" da Portada Normalizada de Documento Electrónico que se lle entregou na oficina do rexistro.

Se a solicitude se presentou no Rexistro de Ágora, o seu código de asento comeza por AGOE, no Fórum Metropolitano por FORE, en Mesoiro por MESE, na Franxa por FRAE e en María Pita por RMPE. Se se presentou na sede electrónica municipal, aparece no campo "código do asento" ou selo dixital de rexistro.

Na columna REQUIRIMENTO do documento relaciónase a documentación que teñen que presentar as persoas solicitantes e ás que se lles concede un prazo de 10 días hábiles para emendar a solicitude.

Advírteselles ás persoas solicitantes que constan na listaxe de requirimento de documentación e corrección de solicitudes por non achegar a documentación obrigatoria á que se refire o apartado 10.1 das bases reguladoras que, de non atender este requirimento ou non facelo de forma adecuada, entenderase que desisten da súa respectiva solicitude.

De acordo co previsto nas Bases 10.3 das Bases reguladoras desta convocatoria de bolsas comedor, advírteselles ás persoas interesadas solicitantes que constan na listaxe de requirimento de documentación e corrección de solicitudes por non achegar a documentación potestativa á que se refire o apartado 10.2 das indicadas bases reguladoras de que, de non atender este requirimento ou o non facelo de forma adecuada, non se terán en conta en ningún caso aquelas circunstancias obxecto de baremación e valoración, a pesar de que na súa solicitude sinalasen as ditas circunstancias.

A documentación poderase presentar:

  • Nas oficinas dos rexistros municipais, de María Pita, Ágora, Fórum, Mesoiro e a Franxa con cita previa
  • Na sede electrónica municipal https://sede.coruna.gob.es/
  • Por calquera outro medio dos que permite o art. 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo para presentar a documentación requirida é do 5 ao 16 de xullo de 2021.

*Cita previa: para presentar a documentación nos rexistros municipais de María Pita, Mesoiro, Ágora, Fórum e a Franxa hai que solicitar cita previa a través da páxina web municipal https://citaprevia.coruna.gal/, teléfono de Atención Cidadá 010 ou ben no teléfono de servizo automático de cita previa 881 505 101.

Documentos:

Requirimento de doc. e subsanación BC 2021/2022 (245 KB)

Nota aclaratoria consulta lista de requirimento doc . e corrección BC 2021/2022 (663 KB)

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión