Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Tarxeta Xente Nova

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade amplía o prazo de vixencia da tarifa específica Xente Nova no transporte público interurbano de competencia da Xunta de Galicia, para o ano 2022.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 31/12/2022

Requisitos:

  • Persoas con idades comprendidas entre os 4 e os 20 anos, ambas incluidas 
  • Tramitación: solicitar cita (a través da aplicación https://solicitudonline.abanca.com/Tarjetas/gl/txn) nunha oficina Abanca e, unha vez alí, presentar o DNI. Para os menores de idade, deberá solicitala a/o representante legal que, xunto cos DNIs, terá que levar o libro de familia ou documentos equivalentes.

Remuneración / Custo:

A tarifa Xente Nova supón o reintegro do 100 % do importe das viaxes interurbanas, até un máximo de 60 viaxes mensuais. 

Páxina web:

www.bus.gal/gl/xente-nova

Contacto:

Consellería de Infraestructuras e Mobilidade

correo-e: tmg@xunta.gal

Tel. de información da Xunta de Galicia: 988 687 800

Publicación:

DOG do 31 de decembro de 2019 (Regulación da tarifa específica Xente Nova no transporte público interurbano da competencia da Xunta de Galicia)

DOG do 12 de xuño de 2020 (Acordo polo que se establece a primeira expansión territorial da tarxeta Xente Nova)

DOG do 28 de decembro de 2020 (Resolución pola que se amplía o prazo de vixencia da tarifa específica Xente Nova para o ano 2021)

DOG do 20 de maio de 2020 (Resolución pola que se culmina o procedemento de expansión do ámbito de aplicación da tarxeta Xente Nova ao conxunto do transporte público de Galicia)

DOG 14 de decembro de 2021 (Resolución pola que se amplía o prazo de vixencia da tarifa específica Xente Nova para o ano 2022)

Dada a aceptación e as vantaxes que para a mocidade representa a tarifa Xente Nova, considerouse conveniente o seu mantemento máis alá da data inicialmente establecida, polo que aprobou unha nova ampliación do prazo de vixencia dende o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2022.

Coa Tarxeta Xente Nova as  persoas menores de 21 anos poderán seguir viaxando gratis nas viaxes interurbanas no transporte público de Galicia, calquera que sexa a súa orixe e destino. Ademais, tamén poderás viaxar gratuitamente nos barcos dos servizos Cangas - Vigo e Moaña - Vigo, así como no tren metropolitano en Ferrol 

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión