Flamingos é o resultado de colocar a Carmen Amaya no medio dunha escena de John Waters. O impulso do flamenco para compartir o interior da alma humana mistúrase coa música, o vestiario e o imaxinario máis pop. Cal é o noso propio flamenco? Cal é a nosa música e que danza convida a bailar?
Para público en xeral
05/11/2022
Xa rematou
20.30 h
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
12'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, -20%; familias numerosas, -25%)
Corpos, desexos, medos e referencias adultéranse para crear unha jam session máxica. Unha festa na que os 7 intérpretes expoñénse coa única intención de festexar.
Albert Quesada fórmase en danza na MDT (Amsterdam) e PARTS (Bruselas). Flamingos é a segunda parte dunha triloxía que reflexiona e investiga sobre o mundo do flamenco e a súa complexidade, coa intención de atopar a orixe do movemento e do canto. O coreógrafo quere descubrir o motor do flamenco e desplazalo a outros corpos e outras músicas para xerar un novo sentido.
idea, coreografía e dirección >> ALBERT QUESADA I axudante dirección >> CLAUDIA SOLWAT I interpretada por >> BLANCA TOLSÀ, ELIOTT MARMOUSET, MARIO G. SÁEZ, KATIE VICKERS, LAILA TAFUR, VÍCTOR PÉREZ ARMERO & VIKTORIA ANDERSSON
Venda de entradas
Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función das 16.00 ás 20.00 h
Ata o 08/05/2024
Dende o 31/03/2024 ata o 31/03/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible