"Mortais e vulnerables" é un espectáculo que contén un paradoxo dende o seu plantexamento inicial, xa que xorde do desexo de encontro, da necesidade do encontro. Da vontade de continuar indagando na práctica da creación colectiva.
Para público en general
13/11/2022
Ya ha finalizado
20.30 h
Teatro Rosalía de Castro. Calle Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
8'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, -20%; familias numerosas, -25%)
Un corpo vulnerable; fráxil ante as olladas que o fortalecen. Un corpo que se constrúe a través das outras. Un corpo ao servizo das olladas de diferentes coreógrafas que acompañan o proceso de creación.
Mortalidade e vulnerabilidade como aquelo que nos une, aquelo común a tódolos corpos, a tódalas existencias.
Un corpo como tódolos corpos; na súa particular e única materialización.
Unha existencia que se constrúe en relación.
Sempre a mútua referencia, sempre a interdependencia, o alimento, o colo, a entrega.
As gretas da fraxilidade creadas polo desexo.
O teu desexo fortaléceme, o meu desexo vulnerabilízame ante ti.
Nuria Sotelo é bailarina e creadora artística galega, que colabora como intérprete con numerosas compañías do territorio como Centro Coreográfico Galego, Elefante Elegante ou Matarile Teatro. En 2011 comeza a súa compañía Licenciada Sotelo, dende a que impulsa numerosas creacións, agora, tras 11 anos de traxectoria, a compañía recibe unha nova identidade baixo o nome de Furia Sotelo. No 2018, comeza co seu compañeiro Rubén Vilanova, o centro de creación A Casa de Vella, un espazo para a danza e as artes do movemento situado no rural, en Amiadoso (Ourense).
creación >> NURIA SOTELO, BEATRIZ PALENZUELA & RAFAEL DE LA LASTRA I dirección e coreografía >> NURIA SOTELO
Venda de entradas
Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función das 16.00 ás 20.00 h
Ataquilla.com
Primeiro prazo de inscrición: alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación (bacharelato): até 10 de xuño de 2024.
Segundo prazo de inscrición: alumnado que cumpre co requisito de titulación: até 21 de xuño de 2024.
Desde el 30/04/2024 hasta el 13/09/2024
Hasta el 08/05/2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible