Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

XVII Concurso Galego de Composición

A Federación Galega de Bandas de Música Populares convoca o XVII Concurso Galego de Composición co obxectivo de fomentar e estimular a actividade musical como parte esencial do patrimonio cultural galego.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 15/10/2024

Requisitos:

  • Poderán concorrer persoas compositoras sen limitación de idade ou procedencia, con cantas composicións como desexen.
  • As composicións deberán ser orixinais e inéditas.
  • As composicións terán total liberdade creativa, permitíndose calquera tipo de estética.
  • O título, subtítulo, nome dos instrumentos e todos os aspectos técnicos e expresivos que a persoa compositora considere oportuno que aparezan indicados nas partituras, irán designados obrigatoriamente polo menos en galego.
  • Valorarase especialmente que a obra promova a cultura galega. Para isto, o xurado avaliará as alusión a expresións artísticas, culturais ou tradicionais galegas sempre que estean ben xustificadas. Deberase achegar documento explicativo para a acreditación deste aspecto segundo indican as bases da convocatoria.

Remuneración / Dotación:

De acordo co criterio do xurado, concederanse os seguintes premios:

  • Música popular: 750 euros, diploma acreditativo e edición dixital da obra.
  • Iniciación: 1000 euros, diploma acreditativo e edición dixital da obra.
  • Dificultade baixa: 1500 euros, diploma acreditativo e edición dixital da obra.
  • Dificultade media: 2000 euros, diplomaacreditativo e edición dixital da obra.
  • Dificultade alta : 2500euros, diploma acreditativo e edición dixital da obra

Páxina web:

https://bandas.gal/

Contacto:

Federación Galega de Bandas de Música Populares

Edificio Centro de Emprendemento Creativo (CEM Cidade da Cultura, Monte Gaiás, SN)

15705, Santiago de Compostela

Mail: federacion@bandas.gal

Telf: +34 981 59 18 95

Documentos:

Bases do concurso (2 MB)

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión