Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

XXXII Concurso Internacional de Novos/as Deseñadores/as de Moda en Camariñas

O Concello de Camariñas convoca o XXXII Concurso de Noveis Deseñadores de Moda, cuxo obxecto é fomentar e promocionar a aplicación do Encaixe de Camariñas na moda concedendo 4 premios ás mellores coleccións de deseño de moda.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 01/12/2025

Requisitos:

  • O certame está dirixido a mocidade deseñadora de todo o mundo, con idades entre 18 e 40 anos a 31 de decembro de 2026.
  • Cada persoa aspirante presentará unha colección composta por 4 deseños orixinais e inéditos, os cales non puideron ser premiados noutros certames de moda, nin publicados mediante calquera tipo de medios de comunicación ( publicacións escritas, páxinas webs, redes sociais, ... ).
  • O tema e a modalidade á que poden optar é libre tanto para moda masculina como feminina, con todas as súas variantes; quedando excluídos os deseños de moda infantil.

Remuneración / Custo:

  • 1º premio: 2100 €
  • 2º premio: 1200 €
  • 3º premio: 700 €
  • 4º premio: 500€

Contacto:

Casa de Pedra de Camariñas

Praza Insuela, s/n

15123 - Camariñas

Tel: 981 737 004 

Publicación: BOP 09/09/2025

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión